Estructura física

HISTORIA DEL IUCS:

Nos seus inicios, o Instituto Universitario de Ciencias da Saude ubicabase no pabellón "Fernández Latorre" do Hospital Maritimo de Oza, no que se atopaban tamén os servizos de Doantes de Sangue e Hemofilia, e que a dia de hoxe acolle a "Unidade de Psiquiatría de Día". Ista situación mantivose ata a finalización, en Maio do 2000, das obras de reforma do pabellón 6 "O Fortín ", edificio destinado, xa dende a fundación do Instituto, a ser a sua sede.

O edificio "O Fortín" consta de duas plantas:

  • Planta baixa, de uns 650 metros cadrados aproximadamente, onde se ubican os laboratorios de investigación, ademais de dua grandes salas de usos múltiples. Os laboratorios de investigación son:

"Grupo de Bioloxía do Desenvolvemento": Dirixido polo Dr. Alexander Mikhailov.

"Grupo de Investigación Cardiovascular (GRINCAR)": Dirixido polo Dr. Javier Muñiz García.

 

  • Primeira Planta, de uns 400 metros cadrados aproximadamente, onde se ubica a área administrativa, composta por: Recepción, onde atopamos a secretaría, o despacho do Director e o despacho do Secretario. O resto das instalacions son: 2 salas de reunions, un aula de usos múltiples (capacidade para 40 persoas), 3 despachos y duas salas destinadas a varios fins.

 

HISTORIA DO EDIFICIO: 

Como xa se dixo o Instituto Universitario de Ciencias de Saúde ten a súa sede no edificio "O Fortín", antigo edificio que posúe un gran valor arquitectónico xa que era orixinariamente unha batería de artillaría do sistema defensivo da cidade da Coruña, xa existente a finais do século XVI, aínda que a súa actual estrutura data de 1797, cando foi redeseñada polo arquitecto militar Don Blas Gil de Bernabé, as ordenes do Capitán Xeral Don Pedro Mariño Cermeño. O edificio orixinal ten un desenvolvemento en "U" claramente definido polos muros de estrutura, cuberto por catro bóvedas de canón seguidas que remataban nunha azotea.

En 1888 transformouse en Lazareto Marítimo e na primeira década do século XX pasa a formar parte do Sanatorio Marítimo de Oza. Dende este momento comeza a ser obxecto de modificacións para adaptalo aos usos do sanatorio. Inaugúrase no ano 1910 e conta con catro locais: Departamento de Hidroterapia, despensa, almacén e estufa de desinfección.

No ano 1914 engádeselle un piso superior e un comedor, instalado no patio traseiro, con capacidade para 500 nenos. Estas obras foron executadas polo arquitecto D. Pedro Mariño, procurando respectar ao máximo o carácter arquitectónico-defensivo do "Fortín". Hai que destacar a azulexería de Talavera da entrada, que se conserva hoxe en día, e do comedor.

Nos anos 40 complétanse as modificacións no interior do edificio. Na planta baixa sitúase a cociña, despensa, vertedeiros e comedor. Na planta superior alterase a distribución orixinal para adaptala a vivenda de relixiosas, destacando o Oratorio.

No ano 1999 procédese á rehabilitación do edificio, obra dos arquitectos Xosé Manuel López Mihura e Sonia Romero Teijo. Na planta baixa instálanse laboratorios de investigación e a planta superior destínase a uso administrativo.

O estado orixinal do edificio atopase totalmente alterado debido ás sucesivas modificacións, non obstante, consérvase a súa primitiva fisionomía nas bóvedas inferiores.