Profesora de Español como Lingua Estranxeira no Centro de Linguas da UDC.
Licenciada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou o mestrado de profesorado (especialidade de Linguas e literaturas) na mesma universidade. A maiores, conta co mestrado MELSLE (Español Lingua Segunda – Lingua Estranxeira) obtido na Universidade do Minho (Portugal). O seu traballo final de máster, o cal está recollido na web oficial de FEDELE , versa sobre o deseño dos programas culturais ofrecidos polos cursos de inmersión en español dende a perspectiva docente, poñendo o foco sobre a aprendizaxe fóra da aula.
Ademais, tamén é examinadora oficial DELE e foi membro do comité organizador do XXIX Congreso ASELE que acolleu Cursos Internacionales da USC en 2018. Nesta entidade traballou con numerosos grupos de estudantes internacionais, principalmente deseñando e executando actividades de dinamización cultural. Similar traballo desempeñou en Campus Spain para o alumnado dos cursos LCA Spanish do Centro de Linguas de Vigo.
No estranxeiro cabe destacar a súa experiencia no Centro de Recursos da Consellería de Educación da Embaixada de España en Portugal, onde se encargou da dinamización de grupos de estudantes de español en escolas do país, así como da coordinación e redacción de contidos en publicacións oficiais.