Michael Boyce

Nacín en Belfast, medrei en Nova York e estudei lingua e literatura inglesa na Universidade de Londres. Despois traballei na Queen's University (Belfast) e na Universidade de Gales en Aberystwyth antes de incorporarme á UDC en 1992.

Gústame especialmente interactuar cos estudantes e aproveitar a súa experiencia para promover a expresión lingüística.

Ademais de ensinar, gústame cociñar, tocar a guitarra e vivir en Galicia.