Caterina Raposo

Catarina Raposo é portuguesa e vive en Santiago de Compostela hai 5 anos. Graduada en Filoloxía e en Portugués Lingua Estranxeira pola Universidade do Porto, foi auxiliar de conversa no IES de Cacheiras, profesora de portugués nunha academia de idiomas, vixilante e examinadora nos exames do Caple e, actualmente, colabora co Centro de Linguas da Universidade da Coruña e coa Associaçom Galega da Lingua (AGAL).