Profesora titular (Español como Lingua Estranxeira) no Centro de Linguas-UDC (2016- ) con experiencia docente presencial e en liña en programas de mobilidade e intercambio (alumnado Erasmus+, International Staff Week), convenios bilaterais (Massachussetts, Nebraska, Kennesaw e Cleveland), GEC-UDC (alumnado asiático), Máster Enxeñería da Auga-UDC, International Summer School-UDC. Titora de alumnado en prácticas Máster Interuniversitario Lingüística Aplicada (UDC), examinadora DELE (A1-C2) Inst.Cervantes Londres e CL e titora en liña plataforma AVE-Inst.Cervantes.
É tradutora xurada (Xunta de Galicia), licenciada en Filoloxía Inglesa (U. Santiago Compostela), licenciada en Tradución e Interpretación con Grao e DEA en Lingüística e Tradución (U. Vigo). Como doutoranda, participou en proxectos I+D+i: USC, U. Vigo, U. Pompeu Fabra, Real Academia Galega e Union Latine.
Tras realizar o Curso Aptitude Pedagóxica (ICE-USC), foi lectora de español (Gorey Community School - Irlanda, Gammel Hellerup Gymnasium - Dinamarca), e profesora Asociada Visitante en Brown University (EEUU). Colaborou como docente e tradutora para ONG (Cruz Vermella Española e Seeds for Change, India), especializándose en ELE na Universitat de Barcelona (Máster en Didáctica ELE/L2), Brown University (Certificate: Reflective teaching), Fundación Comillas (Creación de materiais EFP), International House (Especialista ELE; Titora formadora en liña de e-learning), Universidade Internacional Menéndez Pelayo e Consellería Educación Reino Unido (Irlanda).