Información xeral
Curso en modalidade non presencial (en liña) de EFP (Español para Fins Profesionais) dirixido a profesionais ou futuros profesionais de orixe estranxeira que desexen incrementar o seu dominio do español para utilizalo en países hispanofalantes, e desenvolvérense nunha contorna laboral con certa competencia comunicativa de español orientada cara ao mundo do turismo e hostalaría; xa sexa porque desenvolven o seu labor profesional no sector do turismo ou porque estudan unha especialidade universitaria relacionada co mercado turístico.
O curso pretende que o alumnado desenvolva habilidades neste ámbito específico e que adquira unha maior competencia comunicativa na lingua española. A través do uso de modelos prácticos da área temática, o alumnado poderá aplicar a linguaxe específica adquirida no seu ámbito profesional.
► Para a realización do curso será necesario estar en posesión dun nivel B1.
Duración: 30 horas
Para máis info contácta connosco: centrodelinguas@udc.es
información xeral
Curso en modalidade non presencial (en liña) de EFP (Español para Fins Profesionais) dirixido a profesionais ou futuros profesionais de orixe estranxeira que desexen incrementar o seu dominio do español para utilizalo en países hispanofalantes, e desenvolvérense con certa competencia comunicativa no mundo empresarial, xa sexa porque desenvolven o seu labor profesional no ámbito dos negocios ou porque estudan unha carreira universitaria relacionada con este sector.
O curso pretende que o alumnado desenvolva habilidades neste ámbito específico e que adquira unha maior competencia comunicativa na lingua española. A través do uso de modelos prácticos, o alumnado poderá aplicar a linguaxe específica adquirida no seu ámbito profesional.
► Para a realización do curso será necesario estar en posesión dun nivel B1.
Duración: 30 horas.
Para máis info contácta connosco: centrodelinguas@udc.es
Curso en modalidade presencial para obter o Diploma de español DELE B2, título oficial acreditativo do grao de competencia e dominio do idioma español que outorga o Instituto Cervantes. Neste curso o alumnado familiarizarase coa estrutura das probas (comprensión de lectura, comprensión auditiva, expresión e interacción escritas e expresión e interacción orais) que compoñen o exame, para o que se lle proporcionarán técnicas e estratexias para superar cada unha das partes da proba. Durante o curso realizaranse actividades de práctica que permitirán revisar e afondar nos contidos gramaticais, léxicos e funcionais do nivel B2, acompañadas doutras tarefas contextualizadas e recursos para levalas a cabo, e dotarase aos estudantes das habilidades e estratexias necesarias para superar as catro probas. Así mesmo, proporcionaranse consellos útiles para o exame, indicacións para a realización das tarefas das probas e modelos de probas de exames que reproducen fielmente os exames oficiais.
Duración: 45 horas
Para máis info contácta connosco: centrodelinguas@udc.es