Os cinco aros concéntricos que forman parte do logotipo teñen a súa orixe na cultura celta presente en Galicia e representan, segundo interpretacións, o equilibrio dos elementos da auga, terra, aire e lume sendo o círculo interior, o universo, quen une a todos eles. As cores utilizadas no logotipo son os mesmos presentes nos cinco aros do Comité Olímpico Internacional, en representación dos cinco continentes, como simboloxía da dimensión do olimpismo ao servizo do desenvolvemento armonioso da humanidade, promovendo unha sociedade máis pacífica e preserverando a dignidade humana.