O informe emitido polo CEID fará referencia aos datos da persoa solicitante, o título do proxecto, o código identificador, a data da reunión na que que foi avaliado, a cualificación outorgada e as razóns da decisión.
Tipos de informes:
- Favorable: avalía positivamente os aspectos éticos do proxecto.
- Non favorable, require revisión: indica que existen deficiencias nos requisitos éticos esixíbeis e que este incumprimento pode ser emendado. Establécese o prazo de dous meses para corrixir deficiencias e enviar a solicitude de revisión a través do formulario.
- Desfavorable: conclúe que o proxecto non cumpre os requisitos éticos esixíbeis e non pode ser modificado para garantir o seu cumprimento.
- Exento de avaliación: indica que o proxecto non require avaliación por parte do CEID-UDC.
O informe será redactado en galego, agás o favorable, que se elaborará ademais en castelán e inglés.