Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business

A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business, adscrita á Facultade de Informática da Universidade da Coruña e á Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo, ten como obxectivo potenciar e enriquecer o progreso das TIC: por un lado, promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento; e, por outro, establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa.

Unha das liñas estratéxicas que contempla a Cátedra é contribuír á formación de alto nivel dos futuros graduados da FIC-UDC e a ESEI-UVigo a través de actividades que acheguen ao corpo estudantil as necesidades e posibilidades de uso das TIC en empresas. Tamén facilitar a súa integración no mundo laboral salientando as competencias, coñecementos e habilidades que demanda o tecido empresarial galego.

Por outro lado, está previsto o desenvolvemento de actividades que contribúan a dar visibilidade ás achegas das mulleres no eido das TIC de cara a xerar referentes para espertar o interese de nenas e rapazas nas carreiras tecnolóxicas

Sobre ALDABA

ALDABA é unha empresa galega especializada en optimizar procesos de negocio a través das tecnoloxías da información. Os seus servicios abranguen os eidos de Enxeñaría Software, Enxeñaría de Sistemas, e Consultoría TIC. Na actualidade, conta con preto de 120 profesionais distribuídos nas súas oficinas de A Coruña e Ourense. Os seus talentos únense aos dos seus partners, provedores, e clientes, cunha única misión: desenvolvemento de valor real para cada reto de negocio e cada persoa que interactúa con el, a través dos servicios e solucións TIC máis axeitados as súas necesidades.

Contacto

Dirección: Ana Belén Porto Pazos, profesora titular do área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da FIC, e Juan Francisco Gálvez Gálvez, catedrático do área de Linguaxes e Sistemas Informáticos da ESEI.

ana.portop@udc.es