CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL / VIDA UNIVERSITARIA /

UDC SAUDABLE

UNIVERSIDADE PROMOTORA DA SAÚDE

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña aprobou, na súa sesión do 28 de novembro de 2014, a adhesión da entidade académica coruñesa á Rede Española de Universidades Saudables.

Este compromiso implica que a UDC tivo que facer un proxecto de traballo que promove a saúde na cultura universitaria, nas súas políticas institucionais, estrutura, procesos e planos de estudos, así como a identificación das necesidades da comunidade universitaria, áreas de traballo e estratexias de intervención.