CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL/

TRANSFERENCIA

Dende o Campus Industrial en colaboración coa Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) promóvese a transferencia de coñecemento e tecnoloxía como resultado da investigación ó sector empresarial.

Fomentase toda a cadea de valor da I+D+i, fortalecendo a compartición de recursos, a propiedade intelectual e industrial, a valorización e comercialización conxunta dos resultados de investigación, establecendo políticas de incubación e creación de empresas de base tecnolóxica, promovendo a investigación interdisciplinar e a participación en programas e proxectos internacionais.