MISIÓN E VISIÓN

Misión

A misión do Campus Industrial articulase a través da formación de profesionais para o exercicio das actividades ligadas ós eidos naval e industrial, á Investigación e ó Desenvolvemento baseadas no coñecemento que se produce no campus.  Dito coñecemento ponse en valor a través dunha transferencia efectiva da ciencia cara a contorna empresarial, consecuencia da estreita interrelación existente.

 

Visión

Campus Industrial configurase como un campus de referencia e recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional no contexto do Arco Atlántico Europeo, cunha identidade propia visible e claramente especializado no eido industrial tanto no ámbito naval e oceánico como noutros eidos industriais e estreitamente ligado coas potencialidades económicas da súa área de influencia.

Un campus estreitamente relacionado co contorno industrial no que hai unha efectiva valorización da investigación e da innovación e que permite unha transferencia activa do coñecemento co mundo industrial. 

 

Diálogo cos Grupos de Interese

Campus Industrial nutre toda a súa actividade coa información obtida pola fluida comunicación que mantén cos estudantes das diferentes titulacións, persoal docente e investigador, sector empresarial da contorna, clústeres e demáis grupos de interese. Dita comunicación articulase a través de alianzas estratéxicas, reunións, redes sociais, correo electrónico e outras fórmulas que se adaptan ás diferentes necesidades de cada un dos actores.