GOBERNO

Equipo reitoral

Julio E. Abalde Alonso

Reitor

Catedrático de Microbioloxía. Licenciado en Ciencias Biolóxicas en 1978 e doutor no ano 1986 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Domingo Calvo Dopico

Vicerreitoría de Economía e Planificación Estratéxica

Profesor titular de Comercialización e Investigación de Mercados. Facultade de Economía e Empresa. Escola Universitaria de Deseño Industrial

María José Lombardía Cortiña

Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade

Profesora da área de Estatística e Investigación operativa. Facultade de Informática

Cristina López Villar

Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte

Profesora da área de Educación Física e Deportiva. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. 

Amparo Casares Gallego

Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade

Profesora da área de proxectos arquitectónicos. Escola Técnica Superior de Arquitectura

Pilar García de la Torre

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

Profesora titular de Psicoloxía. Facultade de Ciencias da Educación.

Nancy Vázquez Veiga

Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente

Profesora titular de Lingüística Xeral. Facultade de Filoloxía.

Salvador Naya Fernández

Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia

Profesor titular de Estatística e Investigación Operativa. Escola Politécnica Superior.

Alberto Valderruten Vidal

Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente

Profesor titular de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. Facultade de Informática.

María Jesús Movilla Fernández

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

Profesora titular da área de Enfermaría. Facultade de Enfermaría e Podoloxía

Carlos Aymerich Cano

Secretaría

Profesor titular de Dereito Administrativo. Facultade de Dereito

Ramón Del Valle López

Xerencia

Órganos colexiados e estatutarios

Consello Social
O Consello Social da Universidade da Coruña é o órgano de participación da Sociedade na Universidade da Coruña (UDC), é a ponte de unión entre a Sociedade galega e a UDC. A súa misión é velar pola satisfacción das necesidades e expectativas da Sociedade por parte da universidade, promovendo a colaboración entre ambas e a excelencia na docencia, na investigación e na transferencia do coñecemento científico.

Claustro
O Claustro é o máximo órgano de representación da comunidade universitaria, ao que corresponde a elaboración dos Estatutos.
O Claustro é convocado polo reitor, logo de acordo da Mesa do Claustro, e segundo o seu Regulamento de réxime interno.

Consello de Goberno
O Consello de Goberno é o órgano de goberno da Universidade da Coruña.
Elabora e aproba as súas propias normas de funcionamento.
Crearanse comisións estables elixidas entre os membros do Consello de Goberno que teñen como misión preparar as decisións dela a través do estudo e informe previos dos asuntos correspondentes aos seus ámbitos materiais de competencia.

Outros órganos

Órganos de representación

  • Xunta de PDI
  • Comité de Empresa do PDI
  • Xunta de PAS
  • Comité de empresa
  • Comité do Capítulo VI