NOVAS TITULACIÓNS CAMPUS INDUSTRIAL

Grao Dual en Enxeñaría Eléctrica

Primeiro grao con formación dual en Galicia: terás a posibilidade de cursar un itinerario de formación dual de 60 ECTS correspondentes ao cuarto curso, que se desenvolve por completo na empresa.

Enxeñeiro Eléctrico: un dos perfís máis buscados polas empresas en enxeñaría e industria.Unha profesión cun amplo espectro de saídas profesionais, versátil e multidisciplinar.

Primeiro Curso 2019/20

Máis Información

Grao en Xestión Industrial da Moda

O grao en Xestión Industrial da Moda proporciona ao alumnado interesado na industria téxtil e con ganas de desenvolver proxectos internacionais unha sólida formación práctica e interdisciplinar para a análise e a toma de decisións en todos os elos da cadea de valor da moda: deseño, subministración, distribución e comercialización.

Primeiro Curso 2018/2019

Máis Información

Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación

A titulación representa un papel central e integrador con respecto a catro competencias (comunicación, xestión da información, tecnoloxía e técnicas de análise), e con respecto a cinco perfís profesionais (enxeñeiro de datos, científico de datos, productor de contidos dixitales, community manager, e business intelligence).

Primeiro Curso 2019/20

Máis Información

Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos

O Máster céntrase no deseño, desenvolvemento e a comercialización de videoxogos, a través de dúas especialidades en función das necesidades actuais deste sector: Arte e Tecnoloxía para os Videoxogos ou Programación e Aplicacións Avanzadas.

Estes estudos de máster están dirixidos a aqueles estudantes interesados en achegárense a un sector con amplas perspectivas de crecemento e desenvolvemento no eido laboral.

Primeiro Curso 2018/2019

Máis Información

Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial

Este máster dota aos seus titulados das ferramentas necesarias para dar as respostas apropiadas a esta demanda creativa e de xestión en tódolos sectores relevantes da industria, en particular nas especialidades con gran proxección de futuro de Deseño de Mobilidade, Transporte e Automoción, os Complementos de Moda, Xoiería e Xemoloxía e o mobiliario e Contract.

Primeiro Curso 2018/2019

Máis Información

Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica

Pendente de publicación.

Curso 2020/2021.