ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR

Campus de Esteiro, Rúa Mendizábal s/n – 15403 Ferrol (A Coruña)       

WEB EPS

PROGRAMA OFICIAL DE DOUTORAMENTO EN ENXEÑARÍA NAVAL E INDUSTRIAL

O programa de doutorado de Enxeñaría Naval e Industrial é un título universitario oficial que busca a formación de expertos nestes dous ámbitos tecnolóxicos, coidando que a formación adquirida sexa científica, social académica e profesional.

O seu obxectivo é promover a excelencia na investigación nos ámbitos que lle son propios buscando establecer vínculos entre a investigación académica aplicada e o entorno produtivo industrial na construción naval.

Os enxeñeiros navais e industriais son profesionais moi demandados con moi diversos campos de actuación. O programa ofrece a posibilidade de profundar en diferentes campos da enxeñería que van dende os aspectos técnicos, incluídos os experimentais, ata os aspectos de organización, xestión e dirección.

Responde a una demanda do sistema de I+D+i, impartindo una formación específica científico-técnica que apoie e impulse o potencial das empresas industriais, incluído o sector da construción, así como o das relacionadas co deseño e construción naval. Estes sectores produtivos son común as empresas no entorno da EPS.

Tradicionalmente en España, tendo en conta todos os tipos de estudos existentes (enxeñeira, ciencias, humanidades), o maior índice de ocupación (menor índice de paro) correspondeu sempre aos doutores; isto acentúase no caso das titulacións profesionalizantes, como é o caso da enxeñeira, cuxos índices de ocupación estiveron sempre nos niveis superiores.

Por outro lado, nos países máis avanzados o doutorado aporta a máxima empleabilidade, sendo profesionais moi demandados e ben remunerados. En España cada vez son máis doutores, ao estar as empresas cada vez máis orientadas a aproveitar as oportunidades de I+D+i, e o haber cada vez máis empresas estranxeiras con culturas que establecen a máxima valoración para os que maior nivelo de formación conseguiran.

MÁIS

PROGRAMA OFICIAL DE DOUTORAMENTO EN LÁSER, FOTÓNICA E VISIÓN

 

O Programa de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión é un programa interuniversitario que se ofrece conxuntamente coas universidades de Santiago de Compostela e Vigo.

Está deseñado para a formación avanzada no campo das tecnoloxías láser, a fotónica e as técnicas de visión. O seu obxectivo final é o de proporcionar unha formación de excelencia científica a futuros investigadores e profesionais neste ámbito, e responder, así, á crecente demanda de formación para a súa integración no sistema de I+D+i nacional e internacional.

En termos socio-políticos, o sector científico-técnico da ciencia e a tecnoloxía óptica e fotónica é de extrema importancia para os grandes retos do século XXI. A Unión Europea, identificou a fotónica como unha das seis tecnoloxías facilitadoras chave (KET), cuxo desenvolvemento determinarán a competitividade, produtividade e sostibilidade do emprego da industria europea a longo prazo. O investimento nestas tecnoloxías será obxecto de atención prioritaria nas políticas de I+D+i da UE, non só polo seu impacto na capacidade industrial e de innovación da Unión, senón tamén polo seu efecto en desafíos sociais como son a eficiencia e independencia enerxética, a saúde e atención sanitaria ou o transporte entre outros.

O programa agrupa os recursos humanos e materiais dos distintos grupos de investigación vinculados ás áreas do láser, a fotónica e a visión. Todos posúen unha dilatada experiencia no ámbito académico e investigador, reflectida na dirección e realización de numerosos proxectos científicos, publicacións e teses de doutoramento.

MÁIS

ESCOLA UNIVERSITARIA POLITÉCNICA

Campus de Serantes, Avda. 19 de febrero s/n - 15405 Ferrol (A Coruña)

WEB EUP

PROGRAMA OFICIAL DE DOUTORAMENTO EN FÍSICA APLICADA

O programa de doutoramento en Física Aplicada é un título universitario oficial que se enmarca no ámbito das ciencias aplicadas e está orientado, por tanto, a aspectos diversos da ciencia e a tecnoloxía. É un programa interuniversitario entre a Universidade de Vigo (universidade coordinadora) e a Universidade da Coruña.

Os obxectivos que persegue este programa é dotar o alumnado das capacidades necesarias para que a través da realización da súa tese de doutoramento adquira os coñecementos que lle permitan levar a cabo proxectos de investigación e/o a súa incorporación ao mundo industrial.

A sociedade global está inmersa nunha continua e rápida evolución tecnolóxica, o que algúns xa propuxeron como unha nova aceleración histórica, tecnolóxica e social. A Física, e en particular a física aplicada, supón un enlace que pode evitar o que foi denominado como fenda tecnolóxica, permitíndonos establecer contacto entre os fenómenos naturais e os “fenómenos” tecnolóxicos e aplicados. Isto favorecerá o desenvolvemento de empresas relacionadas cos novos materiais e o medio como, por exemplo, os polímeros, os novos carburantes e refrixerantes, os líquidos iónicos, os contaminantes físicos, aspectos meteorolóxicos ou oceánicos relacionados co medio etc.

MÁIS

PROGRAMA OFICIAL DE DOUTORAMENTO EN ENERXÍA E PROPULSIÓN MARIÑA

O programa de doutoramento interuniversitario en Enerxía e Propulsión Mariña, está orientado á consecución de capacidades investigadoras no campo da Enxeñaría Enerxética e desenvolver métodos, procedementos, equipos ou sistemas, así como as tecnoloxías emerxentes de interese na industria, facendo máis competitivo o sector productivo naval e industrial en xeral.

A Enxeñaría enerxética é un sector de vital importancia en ámbitos como a economía, a actividade marítima e industrial, investigación, etc., e á que están vinculadas as empresas máis competitivas, rendibles e avanzadas tecnicamente. Tendo en conta estes antecedentes, o programa de doutorado en Enerxía e Propulsión Mariña responde á demanda de máxima formación para a investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito enerxético. Os obxectivos xerais deste Programa de Doutorado son, fundamental e especificamente, a formación avanzada para desenvolver tarefas de análise e síntese de problemas teórico-prácticos da enxeñaría, de cara á adquisición da capacidade de innovar e implementar métodos, técnicas e tecnoloxías emerxentes máis eficientes, relacionadas coa enerxética. Para iso cóntase coa coordinación de departamentos das Universidades da Coruña, Salamanca e Porto, e coa colaboración de investigadores de universidades españolas e europeas.

VER MÁIS

FACULTADE DE HUMANIDADES E DOCUMENTACIÓN

Campus de Esteiro, c/Dr. Vázquez Cabrera s/n - 15403 Ferrol (A Coruña)

WEB FHD

PROGRAMA OFICIAL DE DOUTORAMENTO EN LÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIA

O Programa de Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia é interuniversitario. Participan as Universidades de Salamanca, A Coruña, La Laguna, Santiago de Compostela, Valladolid e Valencia. O seu obxectivo é formar Doutores nos distintos ámbitos da Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia e dos Estudos sociais da Ciencia e a Tecnoloxía. Na súa forma actual, o Programa Interuniversitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia púxose en marcha no curso 2013-2014. Pero, en realidad, conta xa cunha longa experiencia, pois naceu da confluencia do Máster en Lógica y Filosofía de la Ciencia e o Máster en Estudios Sociales de la Ciencia y la Tecnología, ambos iniciados como Postgraos no curso 2007-2008. Distínguese de outros Programas, máis xeneralistas, polo seu carácter netamente especializado. Isto fai que sexa extraordinariamente valorado no ámbito académico europeo e latinoamericano. A súa principal virtude é o equipo de máis de 50 investigadores de alto nivel que o integran, moi destacados dende o punto de vista académico e tamén moi entregados a este apasionante proxecto interuniversitario cun obxectivo claro: Formar investigadores altamente cualificados en Lóxica e Argumentación, Filosofía da Ciencia, Filosofía da Linguaxe e Estudos sociais da Ciencia e a Tecnoloxía, capaces de responder ás crecentes demandas sociais neste ámbito.

 

MÁIS

PROGRAMA OFICIAL DE DOUTORAMENTO EN NOVAS PERSPECTIVAS EN DOCUMENTACIÓN, COMUNICACIÓN E HUMANIDADES

Este Programa de Doutoramento está organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración de profesores da Universidade Complutense de Madrid. Dentro da nova normativa (RD 99/2011), o Programa está dirixido á investigación, o desenvolvemento e innovación (I+D+i) en tres grandes ámbitos temáticos: as Ciencias da Documentación, as Ciencias da Comunicación es as Humanidades. Isto faise dentro do contexto da Sociedade do Coñecemento, de xeito que se teñen presentes os desenvolvementos no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) e os cambios no modelo produtivo deica modelos de economía sostible. Coa expresión “Sociedade do Coñecemento” alúdese ao marco do Programa. Enmárcanse aí os compoñentes da sociedade contemporánea actual, tanto na dimensión histórica como na sistemática. Desde xeito, o título do Programa busca ser efectivo: xira en torno á procura efectiva de novas perspectivas nos ámbitos das Ciencias da Documentación, da Comunicación e das Humanidades. Así, xunto á investigación humanística, atende ós tres niveis da investigación científica: Ciencia Básica, Ciencia Aplicada e aplicación da Ciencia, nos dominios temáticos nomeados.

Os estudantes poden alcanzar as capacidades necesarias (metodolóxicas e procedimentais) para facer posible a realización, presentación e defensa dunha Tese Doutoral na que se reflicta a obtención de novo coñecemento (básico, aplicado ou de aplicación efectiva) nun ou en varios dos ámbitos temáticos presentados: Ciencias da Documentación (Information Science); Ciencias da Comunicación; Humanidades (principalmente, Filosofía e Historia); e Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Isto supón afondar de maneira exhaustiva no coñecemento do estado da cuestión nun ou en varios ámbitos temáticos abordados; e, en principio, propicia sinerxías e transferencia de coñecemento entre ámbitos disciplinares diversos, para acadar a interdisciplinariedade (e, no seu caso, a transdisciplinariedade).

MÁIS