Servizos nas bibliotecas desde o 17 de febreiro

O servizo das bibliotecas dos centros abrirá a todas as persoas usuarias, tanto os membros da comunidade universitaria como oas/as usuarios/as externos/as, con todas as medidas de prevención existentes antes do 28 de xaneiro.

Préstamo 

É necesario reservar previamente no catálogo aqueles títulos, tanto dispoñibles coma prestados, que se queren levar en préstamo. Na seguinte ligazón podedes ver un vídeo sobre o procedemento para a reserva dos documentos. 

As persoas usuarias recibirán un correo electrónico indicándolles cando poden ir recoller o préstamo, e, se o desexan, poderán contactar coa biblioteca por correo electrónico ou teléfono para concretar a data e hora de recollida. 

Consulta en sala

Desde o 17 de febreiro, as salas de lectura das bibliotecas volverán abrir cun aforo do 30% da súa capacidade segundo o procedemento habilitado con anterioridade ao 28 de xaneiro. Na seguinte ligazón pódense ver aquelas bibliotecas que precisan de cita previa para algúns dos seus servizos. Para máis información, pódese contactar con cada biblioteca por teléfono ou correo electrónico.

Préstamo interbibliotecario

O servizo de préstamo interbibliotecario préstase da maneira habitual, tanto para documentos en papel como electrónicos. 

Podedes atopar máis información sobre este servizo na páxina de Préstamo interbibliotecario.

Información e consulta

A biblioteca segue atendendo as consultas formuladas polos usuarios a través dos formularios que se poden atopar tamén na sección Xestións en liña da páxina web:

  • Contacta coa biblioteca: para consultas, dúbidas, queixas ou suxestións sobre o servizo ou sobre algunha das bibliotecas.
  • Solicitude de adquisicións: para solicitar a compra dunha obra que consideredes necesaria na colección da vosa biblioteca.
  • Petición dunha procura bibliográfica: dende este formulario podedes solicitar axuda  na busca de información para os vosos traballos de aula, o TFG/TFM ou os traballos de investigación.

Tamén podedes contactar con nós por correo electrónico, por teléfono ou a través das nosas redes sociais.

Recursos de información electrónicos

Seguirá ofrecéndose acceso da maneira habitual á colección dixital do Servizo de Biblioteca.