CONGRESOS

As ponencias, comunicacións ou pósteres presentados en congresos seguen as súas propias regras de citación, a non ser que foran publicadas dentro dun libro de ponencias, entón seguirán as normas establecidas para as contribucións de libros.

Ás veces, as ponencias publícanse como artigos dunha revista, entón seguirán as normas establecidas para os artigos de revistas, tanto electrónicas coma en papel. Recoméndase engadir o nome de congreso no campo "Notas" ao final da cita.

 

Autor ou autores. Título da ponencia ou póster. Frase de conexión (“Ponencia presentada en:” o “Poster presentado en):  Denominación do Congreso; Data de celebración; Lugar de celebración*.

Shabalina H. Mitral valve prolapse as display heart connective tissue displasia: clinical and hemodynamic aspects. Poster presentado en: 12th European Congress of Internal Medicine; 2013 Oct 2-5; Prague, Czech Republic.

Moreo P. Sistemas de cultivo celular sobre sustratos tridimensionales. Ponencia presentada en: 6º Congreso de la Sociedad Española de Terapia Génica y Celular; 2011 Sep 21-23; Zaragoza.

* Para o número do Congreso é preferible utilizar numeración arábiga. A data seguirá o formato de ano, mes e días do comenzo e final do evento.