Os debuxos anatómicos de Leonardo

 

A Biblioteca Universitaria de Oza custodia desde hai anos tesouros pouco coñecidos polo público. Un deles, quizáis o máis importante, é unha colección de facsímiles que mostran o xenio do mestre máis destacado do Renacimiento italiano, Leonardo da Vinci (1452-1519).

O gran atractivo que ten para nós é que esta colección inclúe gran parte dos estudios que sobre anatomía humana fixo o mestre. Trátase dunha serie de páxinas que inclúen fermosas ilustracións de anatomía, e que agora presentamos baixo a epígrafe: “Leonardo, una selección de dibujos anatómicos del Castillo de Windsor“.

Os debuxos anatómicos expostos pertencen á "Royal Collection" da familia real británica desde o século XVII. Os facsímiles publicáronse no “Corpus of the anatomical studies in the collection of Her Majesty The Queen at Windsor Castle“, con comentarios de Kenneth D. Keele e Carlo Pedretti, e foron editados en 1979 por Harcourt Brace Jovanovich Publishers.

Pódese consultar a versión dixital en pinterest.com