OBRADOIROS PARA A PREPARACIÓN DO TFG
A Biblioteca Universitaria de Oza organiza obradoiros de formación orientados a estudantes da UDC que estean a preparar o traballo fin de grao ou mestrado en ciencias da saúde.
No obradoiro coñecerás as principais fontes de información en ciencias da saúde, aprenderás trucos para realizar buscas bibliográficas de calidade, xestionarás e organizarás os resultados das túas buscas, crearás alertas bibliográficas para estar ao día, elaborarás bibliografías en formato Vancouver... entre outras cousas.
A duración dos obradoiros será de 6 horas presenciais en dous días, e de 4 horas non presenciais utilizando a plataforma de telensino Moodle. Ao terminar o curso completo entregaráse un certificado oficial.
Para apuntarse nun obradoiro recoméndase xuntar un grupo de persoas, mínimo de cinco e máximo de dez, e solicitar na propia Biblioteca ou a través do enderezo electrónico oza.bib@udc.es a realización dun obradoiro nas datas desexadas. Tamén é posible anotarse individualmente nunha listaxe de agarda á espera dalgunha convocatoria.
XORNADAS DE ACOLLIDA
A Biblioteca Universitaria de Oza participa nas xornadas de acollida que teñen lugar no Campus de Oza para os estudantes de primeiro curso dos graos de Fisioterapia, Terapia Ocupacional e Enfermaría. As xornadas comenzan coa presentación do servizo, e nos días posteriores prosiguen cunha visita guiada pola Biblioteca, a entrega de documentación básica e finalmente unha charla de media hora sobre os rudimentos necesarios para empezar a moverse pola Biblioteca e a Universidade.