Axuda na investigación

A Biblioteca Universitaria pon a disposición do persoal docente e investigador (PDI) uns servizos de apoio que inclúen todas as etapas da produción científica.

A nosa Biblioteca ofrece asesoramento na publicación, difusión, preservación e avaliación da investigación. Tamén no que se refire a identificación e normalización da autoría no ámbito dixital. 

Axudan infoguías como:

ORCIDDatos de investigación, Acordos transformativos para publicar en acceso aberto.

Por outra banda, prestamos axuda ao PDI para os Sexenios no referido ao depósito no RUC e na busca de evidencias de impacto dos documentos que se queiran aportar. Esta infoguía aporta moita información sobre a acreditación e avaliación da actividade investigadora.

Aquí pódese descargar a autorización para o depósito no RUC (arquivo delegado).

 

De maneira complementaria a este asesoramento, a Biblioteca Universitaria e os centros que a compoñen participan, xunto co CUFIE, na organización do curso Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación, dirixido ao PDI e aos estudantes de doutoramento da UDC.

 

No ano 2024 a Universidade da Coruña puxo en marcha o seu Portal de investigación en Dialnet co soporte da Biblioteca Universitaria. Nesta infoguía atoparás toda a información.


Este curso lévase a cabo anualmente entre os   meses de abril e maio.