BIBLIOTECA-ARQUIVO FRANCISCO PILLADO MAYOR

Cartel A  opera de a patacón (c) Cartel A  opera de a patacón
Cartel Terceiro Festival Manicómicos (c) Cartel Terceiro Festival Manicómicos
Cartel Últimas faíscas de setembro (c) Cartel Últimas faíscas de setembro
Cartel Festival Galicreques 2008 (c) Cartel Festival Galicreques 2008
Cartel Un refaixo pra Celestina (c) Cartel Un refaixo pra Celestina
Cartel de Macbeth (c) Cartel de Macbeth

A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor nace dun convenio de doazón entre D. Francisco Pillado Mayor e a Universidade da Coruña, asinado en 1996.

 

A Biblioteca Pillado é unha colección de monografías e revistas de teoría do teatro e das artes escénicas, textos de teatro clásico e contemporáneo, en galego e noutros idiomas. Está ubicada na 2º planta da biblioteca.

 

O Arquivo Pillado é unha colección documental que ao longo da súa traxectoria profesional reuniu Francisco Pillado e que medra cada día con novas achegas de arquivos privados e persoais, de entidades ou de compañías teatrais que lle proporcionan periodicamente documentación sobre as súas actividades. Estes documentos están agrupados na serie "Colección Francisco Pillado Mayor", que á súa vez subdivídese nas seguintes subseries: Arquivo Luís Seoane, Carteis, Compañías, Eventos, Materiais gráficos e audiovisuais, Música, Organismos, Prensa, Programas de man e folletos, Publicacións, Representacións e Textos.

A Colección Francisco Oti Ríos constitúe una entidade diferenciada dentro do Arquivo. Este dramaturgo, escenógrafo, figurinista, actor e xestor teatral doou un importante material, que se subdivide en distintas series: Carteis, Compañías, Correspondencia, Eventos, Materiais gráficos e audiovisuais, Organismos, Prensa, Programacións teatrais, Representacións e Textos.

O seu acceso está restrinxido a investigadores, previa autorización da Biblioteca.

 

Toda a documentación da Biblioteca-Arquivo pode consultarse vía web no catálogo da biblioteca da UDC. No Repositorio Universidade da Coruña (RUC), dentro do seu apartado Biblioteca Udc-coleccións especiais está accesible a imaxe dixitalizada da totalidade da colección de Carteis e fotografías.