(novembro 2024)
Exposición de libros sobre o 25 de abril, dentro do ciclo de actividades ligadas ao 50 aniversario da Revolução dos Cravos en Portugal, acontecida o 25 de abril de 1974. Ditas actividades foron organizadas por estudantes da materia 'Poesia en Lingua Galega e Portuguesa' da Facultade de Filoloxía da UDC.
(outubro-novembro 2024)
No marco do III Ciclo de Conferencias "Descubrindo o Alemán", a biblioteca organiza unha exposición dedicada ao científico, naturalista, xeógrafo e explorador alemán Alexander von Humboldt e á época que lle tocou vivir, o Século das Luces. Se expoñen obras do autor, ensaios sobre a súa viaxe científica a América do Sur (en que recalaría na Coruña), pero tamén obras literarias, filosóficas, musicais, económicas e cientificas de distintos autores da Ilustración alemá, así como doutros países europeos.
(xuño-setembro 2024)
A Biblioteca de Filoloxía garda materiais diferentes aos libros e revistas que moitas veces non se amosan ao público en xeral e algúns incluso sorprenden que se garden nesta institución. Na exposición aparecen agrupados estes "tesouros" en catro categorías: libros antigos, facsímiles, libros en outros soportes distintos ao papel e materiais diferentes aos librarios.
(maio-xuño 2024)
Luísa Villalta é a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. Nesta exposición pódense ver varias creacións destacadas desta escritora, filóloga e música extraídas dos fondos propios das bibliotecas da UDC e da Biblioteca-Arquivo Pillado Mayor: o texto orixinal de ‘Música reservada’ (o primeiro libro de poemas da escritora) e o manuscrito inédito da peza teatral ‘Os pasos contados’, así como un caligrama do poema da obra ‘Ruído’, dedicado a Pancho Pillado. Trátase do único caligrama en cor que realizou Luísa Villalta e un dos dous que fixo, xunto ao de ‘Rota ao interior do ollo’. Obras publicadas da escritora e ensaios sobre ela e a súa obra completan a exposición.
(abril-maio 2024)
Exposición bibliográfica enmarcada dentro do I Ciclo de Actividades sobre Escritoras Españolas Contemporáneas, organizado pola docente e alumnado da asignatura 'Literatura Española dos séculos XX e XXI'. O seu obxectivo é reivindicar e visibilizar a escrita femenina contemporánea, a daquelas cuxos nomes non acostumamos encontrar nas historias literarias ao uso, a das que se encontran nas marxes do cánone.
(abril 2024)
A intersección de turismo e sustentabilidade é esencial para preservar a riqueza cultural e natural. Este é o tema desta exposición bibliográfica: obras que subliñan a necesidade dunha xestión responsábel do turismo, que promovan prácticas que respecten o medio ambiente, a comunidade local e a súa cultura.
(febreiro-marzo 2024)
Como explica Michel Matly no seu artigo “Dibujando la guerra civil. Representación de la guerra civil (1936-1939) nos cómics publicados desde 1976” (2015), a relativa abundancia de cómics sobre a Guerra Civil publicados desde 1976 mostra o interese que segue a suscitar este episodio histórico tanto en España como fóra dela. A finais de 2013 contabilizáronse 313 cómics publicados desde 1976 que trataban a guerra total ou parcialmente e ese número non parou de aumentar ata o día de hoxe. Esta exposición mostra algúns deles, presentes nos fondos da UDC, entre os que destacan aqueles protagonizados por escritores que sufriron nas súas carnes o conflito fraticida.