As voces femininas de Angola e Moçambique

(decembro 2023-xaneiro 2024)

Exposicion creada polos estudantes de Lingua e Cultura dos Países de Fala Portuguesa da Facultade de Filoloxía sobre as escritoras de Angola e Moçambique en lingua portuguesa.

Relatos breves, grandes historias

Breves relatos, grandes historias

(outubro-novembro 2023)

Seguindo a María Jesús Hernáez Lerea, o relato breve é un emocionante xénero de ficion que nos devolve a experiencia en forma de momentos illados que adquiren un alto poder de intensidade e suxestión ao verse desconectados dun contexto explicado en detalle. ("Exploración de un género literario, los relatos breves de Alice Munro"). Na biblioteca fixemos unha selección de obras de relatos breves, escritos por autores en distintas línguas.

Coñece o turismo responsable

(xuño-outubro 2023)

Segundo a Organización Mundial do Turismo, o turismo responsable é aquel que respecta o medio ambiente, a cultura e o patrimonio das sociedades anfitrionas e asegura a actividade económica a longo prazo dun xeito xusto e equitativo. A piques de comezar as vacacións de verán, esta exposición da biblioteca trata de dar visibilidade a este tipo de turismo con guías, artigos, exemplos de boas prácticas, consellos... porque outra forma de viaxar é posible

Exposicion

A violencia do silencio: as mulleres da Xeración do 98

(febreiro-maio 2023)

Esta exposición está inspirada pola obra de Carmen Estirado, «Lo que yo iba escribiendo. Las mujeres de la Generación del 98». O seu obxectivo é, alén de homenaxear a gran labor de investigación de Estirado, descubrir e reivindicar aquelas voces femininas, pioneiras do feminismo español, que foron borradas da historia desta coñecida xeración.