Vinte anos do Prestige: as artes contra a marea negra

(novembro 2022-febreiro 2023)

Hai 20 anos o afundimento do petroleiro Prestige provocou a maior catástrofe medioambiental do noso país; isto deu lugar a unha contestación e concienciación social sen precedentes, nas que o mundo da cultura cobrou grande protagonismo (movemento Nunca Máis, plataforma Burla Negra) e ás que a poesía galega non foi allea. Este é o tema da exposición organizada e montada polos alumnos do Grupo de Poesía en Lingua Galega e Portuguesa, coordinados polo profesor Isaac Lourido.

Así somos como somos

Así somos: paseo polas tradicións e cultura galegas

(setembro-novembro 2022)

Facemos un percorrido pola etnografía de Galicia: as lendas, tradicións, oficios tradicionais, patrimonio arquitectónico, festas, etc. que explican por qué somos como somos os habitantes do NO peninsular.

Um oceano de culturas

Um oceano de culturas : língua portuguesa

(xullo-agosto 2022)

Exposición organizada polo Instituto Camões, que pretende homenaxear a todos os autores que, en portugués, contribúen coa súa obra a crear un lugar común no proxecto de interculturalidade lusófona. Pódense ver os pósters adicados a senlleiros escritores en lingua portuguesa por todo o espazo da biblioteca, así como unha selección da súa obra.

Florencio Delgado Gurriarán (Día das Letras Galegas 2022)

(maio-xuño 2022)

A Real Academia Galega decidiu dedicarlle a Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, California, 1987) o Día das Letras Galegas no 2022 tanto pola orixinalidade da súa produción poética, como pola súa defensa e militancia a prol dos valores democráticos nun tempo adverso (a Guerra Civil e o exilio en México).

Viaxando no tempo : novela histórica na Biblioteca de Filoloxía

(febreiro-abril 2022)

A novela histórica é un dos xéneros literarios de maior popularidade na actualidade. Xurde no século XIX, no marco do Romanticismo e, ao longo do século XX, foise adaptando á evolución narrativa que experimentou a novela. Na exposición pódense ver algunas destas obras, organizadas cronolóxicamente desde a Prehistoria ata o século XX.