(novembro-decembro 2021)
Exposición realizada en homenaxe da Francisco Pillado Mayor, referencia dos estudos teatrais galegos e figura clave na cultura da Galiza nas últimas décadas. Nela podedes ver documentación da posta en escea de varias obras realizadas por algunhas das compañías teatrais máis sobranceiras da nosa terra. Tamén están expostas as obras que como autor, tradutor ou editor escribiu o homenaxeado ao longo da súa carreira.
(outubro-novembro 2021)
O relato dunha viaxe, nas súas diversas modalidades, está presente na literatura de todos os tempos. Co gallo do I Congreso Internacional do mesmo título que se celebra na nosa facultade, esta exposición trata de mostrar algúns destes relatos e a os seus contadores.
(xullo-setembro 2021)
Exposición dedicada a esta prolífica autora da que celebramos o seu centenario: novelista, periodista, feminista, ensaísta, crítica literaria, poetisa, dramaturga, tradutora, editora, catedrática... e introdutora do Naturalismo en España.
(marzo-maio 2021)
Exposición sobre os facsímiles de libros de grande valor literario e artístico, gardados na Biblioteca de Filoloxía
(febreiro-decembro 2020)
Exposición dedicada a Benito Pérez Galdós (1843-1920), o grande cronista da sociedade española do século XIX: novelista, dramaturgo, periodista...