Libros con sabor a Nadaldecembro 2015 - xaneiro 2016
Contos, poemas, novelas, villancicos, películas... con temática de Nadal, forman esta exposición
Literatura de cineoutubro - decembro 2015
Desde sempre existiu unha estreita relación entre o cine e a literatura, por canto o primeiro tomou temas e tramas da segunda. Na biblioteca fixemos unha escolma de películas baseadas máis ou menos directamente nunha obra literaria e as colocamos xuntas
Un mundo nos librosxuño - setembro 2015
Aproveitamos o verán para expoñer obras nas que as viaxes son a súa razón de ser: algunhas son narracións das vivencias dos seus autores, outros relatos xurdiron só na súa imaxinación; tamén incluímos ensaios teóricos sobre este xénero literario e guías de viaxes.

maio 2015
Co gallo do Día das Letras Galegas, homenaxeamos aos 53 autores aos que, desde 1963, se lles dedicou este día: desde Rosalía de Castro ata Xosé Filgueira Valverde.
No galego cabe o mundoabril 2015
Complementando a maratón de lectura de textos traducidos para o galego, que foi organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, organizamos unha exposición con libros traducidos ao galego desde outras linguas (inglés, francés, italiano, español, linguas clásicas...).
George Eliot na bibliotecamarzo 2015
Exposición sobre a escritora británica George Eliot (1819-1880), autora que escollemos para participar no ciclo "Mulleres nas bibliotecas da UDC" que, por tercer ano, desenvolveuse para conmemorar o Día Internacional da Muller.