Unha das primeiras preguntas que se fai un investigador cando está a proxectar un traballo académico é a que revista enviará o borrador unha vez o teña terminado. A resposta a esta cuestión pasa pola busca do equilibrio de distintos intereses. En concreto, pódense citar coma os criterios máis importantes os seguintes:
O investiador debe tratar de maximizar o esforzo realizado publicando nunha revista que satisfaga no maior grao posible as súas necesidades curriculares e profesionais. Por iso, é conveniente asegurarse que a revista á que enviamos o borrador cumpla cos criterior de calidade esixidos polas principais axencias avaliadoras do país: ACSUG, ANECA.
A Biblioteca de Arquitectura da Universidade de Sevilla elaborou un documento moi interesante que pode servir de orientación neste senso Revistas de Arquitectura, Construcción y Urbanismo en la Biblioteca de la US: Indicios de calidad.
A nosa recomendación é que a/s revista/s seleccionada/s deben estar indexada ben en WoS (Web of Knowledge) ou ao menos en bases de datos internacionais como Avery ou en catálogos como RIBA.
A identificación das revistas onde se publicaron previamente as referencias usadas no traballo, o uso de software específico ou o coñecemento profundo das publicacións potenciais, poden ser algunhas das estratexias a seguir para identificar as revistas idóneas á hora de enviar o borrador.
Particularmente interesantes neste punto son os buscadores automáticos de revistas online. A partir do título, resumo ou palabras clave do traballo, recuperan as revistas con maior coincidencia temática. Por desgracia estas ferramentas funcionan mellor para as áreas das Ciencias "duras" que na Arquitectura ou no Arte.
Edanz (recomendada polo MIT)
Journal Finder (Elsevier)
Cada vez é máis importante levar a cabo estratexias activas de difusión co fin de incrementar o impacto científico do traballo así como o número de citas recibidas. Subir o PDF do artigo ao repositorio institucional ou a unha rede social científica (ResearchGate, Academia.edu) pode facilitar nun alto grao a visibilidade necesaria para este fin. Neste caso, temos que ter en conta as políticas da revista respecto ao "Acceso Aberto". Estas pódense consultar directamente co editor ou nas seguintes páxinas:
Periodicidade: a maior periodicidade maiores posibilidades de aceptación.
Nº de artigos publicados en cada número: no mesmo senso que no caso anterior.
Prazos de revisión: uns prazos razonables permiten conservar a novidade da investigación.
Taxa de rexeitamento: algunhas revistas teñen unhas taxas de rexeitamento moi altas. As veces estes datos son coñecidos.
O borrador ou preprint debe adaptarse o máis posible á revista obxectivo. Como di Rowena Murray "lo que es aceptable puede definirse en términos de lo que los editores y los revisores ya han aceptado, es decir, lo que publican en su revista. Cuando se escribe para una publicación hay que encontrar un puente para subsanar la diferencia que hay entre lo que quiere decir y lo que los editores y revisores quieren oír en un momento dado". Requírese pois unha análise profunda da revista e especialmente dos artigos publicados correspondentes coa liña de investigación do traballo. A autora recomenda os seguinte método:

Cómo escribir y publicar trabajos científicos.
Robert A. Day

Cómo escribir para publicar en revistas académicas.
Rowena Murray

Cómo escribir sobre Arte y Arquitectura.
Juan A. Ramírez

How architects write.
Tom Spector

Cómo publicar en revistas científicas de impacto: consejos y reglas sobre publicación científica.
Daniel Torres-Salinas y Álvaro Cabezas-Clavijo

Cómo publicar en revistas científicas de impacto (presentación).
Daniel Torres-Salinas