A BEPEF informa

A BEPEF informa é o boletín de actualidade elaborado pola biblioteca Ángela Ruiz Robles (EPEF) dirixido principalmente ao estudantado e ao persoal docente e investigador da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.  Difunde as actividades e os materiais desenvolvidos pola biblioteca (últimas adquisicións de fondos, sesións de formación, exposicións, guías...) así como calquera outro contido relacionado cos recursos de información que sirvan de soporte ao estudo, a docencia e a investigación. Recolle ademais unha escolma de novas da Universidade da Coruña.

A BEPEF informa ten periodicidade bimestral e nace en xaneiro de 2022 como continuación de A BEUP informa que comezou a publicarse en decembro de 2012.

Subscríbete Podes recibir novos números deste boletín no teu correo electrónico solicitándoo no seguinte formulario.