Bibliometría narrativa

A nova convocatoria do CNEAI presenta novidades importantes á hora de redactar os indicios de calidade das achegas. A intención é mellorar na calidade da avaliación introducindo elementos cualitativos xunto cos cuantitativos de acordo coa San Francisco Declaration on Research Assessment (DORA) e os acordos e principios da Coalition for Advancing Research Assessment (CoARA).

Menciónase expresamente a bibliometría narrativa como o xeito de artellar a “redacción, presentación, xustificación e contextualización rigorosa de evidencias e indicios relacionados coa visibilidade, diseminación e influencia dos resultados da investigación científica desenvolvida no periodo obxecto de avaliación.” (BOE-A-2023-25537).

Polo tanto, para cada achega hai que xustificar e contextualizar os datos e indicios de calidade que atopemos en cada un dos apartados que aparecen no baremo xeral

 

Documentación de apoio e enlaces de interese

Non existe un documento de referencia que poida solventar todas as dúbidas, así como ofrecer todos os exemplos de redacción necesarios para cubrir a xustificación da calidade da achega que solicitan a novas convocatorias da ANECA, nin que nos dea a completa seguridade de que o estamos a facer perfecto, xa que a casuística é variada, existen particularidades para cada campo e as circunstancias de cada achega poden ser tamén diversas.

Así e todo, aquí vos ofrecemos unha listaxe dos mellores recursos que atopamos ata o de agora para que poidades ter unha orientación suficiente para buscar e recuperar os datos necesarios para elaborar a bibliometría narrativa esixida cunha certa seguridade.