Reprografía

servizo de reprografia (c) servizo de reprografia

Repronor é a empresa concesionaria do Servizo de reprografía da UDC. Ofrecen reprodución e impresión desde arquivo en distintos soportes, deseño de cartelería, trípticos, tarxetas de visita..., encadernación, plastificado, laminado, servizo de publicación (que inclúe a xestión do ISBN e o Depósito legal), venda de material de oficina, selos de caucho, material publicitario para eventos e congresos, etc...

Se queres imprimir traballos e apuntes podes acudir á oficina que teñen en cada centro no horario de apertura que indican na súa páxina web ou ben envialos a través do seu formulario electrónico.

Lembrade que tamén podedes utilizar as aulasnet para imprimir os vosos traballos.

Reprografia del Noroeste