O Acceso Aberto, Open Access (OA) en inglés, é un movemento que promove o acceso libre á literatura científica e académica a través de Internet.
O Acceso Aberto fomenta a creación de repositorios institucionais como depósitos dixitais onde arquivar a producción científica e académica da institución.
O repositorio institucional da Universidade da Coruña é o RUC, a porta de acceso a moitas teses doutourais, traballos fin de grao, ponencias de congresos, artigos de investigación, etc... producidos na Universidade.
As autora e autores poden publicar neste repositorio (vía verde) todos os resultados do seu traballo científico ou académico (teses, artigos, informes, documentos de traballo, capítulos de libros...), tanto os que xa publicaron ou pensan publicar nunha revista científica, xa sexa tradicional ou de acceso aberto, como os traballos que non se publicarán nunca de xeito tradicional.
RUC está xestionado polo Servizo de Biblioteca Universitaria. Entre as súas vantaxes están:
Os principais metabuscadores son os seguintes:
Recolecta, producido pola FECYT e Rebiun, permite a búsqueda simultánea en todos os repositorios científicos españois.
Open Access Thesis and Dissertations, é unha magnífica interface de búsqueda que permite recuperar este tipo de recursos de información en universidades
OpenAIRE, é un proxecto da Comisión Europea, que fomenta o acceso aberto da producción científica en Europa, e mantén un buscador de datos e recursos de información producidos en Europa.
OAister, defínese como un catálogo colectivo de recursos web que cumplen co protocolo OAI-PMH en todo o mundo.
DOAJ, é un directorio de revistas electrónicas en acceso aberto.
La Referencia, metabuscador para a producción científica en acceso aberto en América Latina.