Exposicións

A ONU asigna a cada ano a celebración dun feito, lugar, ciencia ou materia. Se coinciden con algún dos campos de estudo da nosa facultade, aproveitamos para organizar unha pequena exposición conmemorativa 100% caseira. Se non coinciden, improvisamos.


 

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia


Xa hai anos que subliñamos con especial énfase no noso calendario o 11 de febreiro, Día da Muller e a Nena na Ciencia. Conmemorámolo sempre cunha pequena mostra bibliográfica, que ano a ano vaise nutrindo de novos exemplares, e con outro póster que sumar á nosa colección.

Como é habitual, acompañando á exposición presencial, montada na entrada, elaboramos esta versión virtual e unha guía bibliográfica na que, en PDF, atoparedes os datos e unha breve sinopse de cada libro.

Agardamos que vos guste!


 

Selección bibliográfica



 

 

Galería fotográfica



 

Anteriormente