A biblioteca de Camiños conta cunha ampla colección de libros, tanto en papel como en formato electrónico, na que se pode atopar practicamente toda a bibliografía recomendada polo profesorado, ademais de literatura enfocada á investigación.
Os libros están en acceso libre e pódense coller directamente nos estantes. A biblioteca dispón tamén dun depósito onde se gardan os libros máis antigos ou con pouco uso. Para poder consultar estes libros hai que pedilos no mostrador de préstamo. No catálogo aparecen coa ubicación "Camiños Depósito", e a súa signatura comeza polas letras CAM.