Faq_Administración_Academica

Soporte informático ao traballador

 

Instrucións para a xestión de contas de alumnos para acceso ós servizos informáticos.


¿Que é o portal de Servizos http://servizos.udc.es?
¿Cómo se crea unha conta en Servizos ?
¿Cómo lle podemos facilitar a un alumno que non ten conta en servizos os seus datos de Activación?
¿Cando o alumno tivo algún erro e non puido crear a súa conta en Servizos, qué debemos revisarlle na súa
   información académica en Xescampus
?
¿Como lle podemos facilitar a contrasinal a un alumno que xa ten a súa conta en servizos e non lembra a súa
   contrasinal
?
¿Como recuperar as credenciais (login e password) dun alumno, que se preinscribiu nun mestrado?
¿Cómo identificamos a un alumno para darlle as credenciais?
¿Como xestionar as incidencias ou dúbidas sobre as cuestións informáticas?
¿Esquema usuarios UDC

 

 

 

 

 

 

_______________________________________________________________________________
¿Que é o portal de Servizos http://servizos.udc.es?

É un portal de acceso a todos os recursos informáticos que a universidade pon a disposición dos traballadores e alumnos. O obxectivo é que dende este portal e cunha única conta e contrasinal de acceso, os usuarios poidan acceder a todas as aplicacións informáticas que lle corresponden. Así que un usuario ten que crearse unha conta en Servizos, e esa mesma conta e contrasinal lle valerá para acceder a todas as aplicacións informáticas. (Como a este tipo de sistemas se lles chama sistemas de Federación Única, tamén se lle deu o nome de FEDERICO a este portal)
Termos frecuentes:
*Credenciais: son os datos particulares dun usuario que fan falla para acceder a unha aplicación informática; normalmente son unha combinación destes dous datos:
Nome de usuario: tamén lle chamamos login ou conta de usuario
Contrasinal: tamén lle chamamos password
*Activarse ou darse de alta: é crearse un nome de usuario e contrasinal no portal;


Ir al inicio
 

 

____________________________________________________________
¿Cómo se crea unha conta en Servizos ?

Para ter unha conta no portal de Servizos, cada usuario ten que creala el mesmo a través da páxina http://servizos.udc.es, na opción “ir á páxina de activación de servizos “, usando un Código de Activación ou unha Conta de Correo antiga.

Hai dous xeitos posibles nos que o alumno pode crearse a súa conta en servizos:
-Cando un alumno novo se matricula, pode crearse a súa conta en servizos utilizando o Código de Activación que se xera ao final da matrícula.
-Si se trata dun alumno que xa estivo matriculado na universidade pero non chegou a crearse a súa conta de servizos nos cursos pasados e ten unha conta de correo da universidade pode utilizar a súa Conta de Correo Antiga.


Ir al inicio

____________________________________________________________

¿Cómo lle podemos facilitar a un alumno que non ten conta en servizos os seus datos de Activación?
-Na administración do centro podemos imprimirlle os datos de activación:
1- Se o alumno está matriculado neste curso ou estivo matriculado no curso anterior:
dende Xescampus no apartado de Organización->Persoas->, en “Código de acceso a servizos da UDC”, imprimímoslle esa páxina, na que lle aparecen os datos de activación (código de activación ou conta antiga), e unhas instrucións que o alumno debe seguir.
Se sae unha mensaxe de erro, pode ser debido a que non estivese matriculado en ningún curso este ano ou anterior; ainda así, se o alumno tivo unha conta de correo antiga, pode facilitárselle as credenciais da conta de correo antiga seguindo as instrucións do apartado 2:
2-Se o alumno non esta matriculado neste curso nin estivo matriculo nun curso anterior, e tivo unha conta de correo da universidade, podemos facilitarlle a súa conta de correo antiga da universidade dende Consultas->Executar Consultas->CUENTAS.USUARIO
 

Ir al inicio

________________________________________________________________________________

Cando o alumno tivo algún erro e non puido crear a súa conta en Servizos,  ¿ qué debemos revisarlle na súa
          información académica en Xescampus?

-Revisar se os seus datos de admisión están cargados: se aparece na lista de admisión pero non se cargaron os seus datos hai que xerarlle a admisión a man.

-Se se trata dun traslado de expediente ou o alumno ten unha matrícula anulada,
revisar se se pode marcar como “Activo”" o subexpediente correspondente sempre e cando realmente coincida coa súa situación administrativa actual (xa non se trata dun traslado ou o motivo da anulación da matrícula xa está resolto). De non cumprir as condicións administrativas e non poder marcarse como "Activo" non poderá activarse.

-Revisar se os seus datos persoais están ben cubertos; teñen que estar cubertos os seguintes datos en Xescampus e non deben aparecer parénteses en ningún dos campos da dirección nin de nacemento:
- Nome
- Primeiro Apelido
- Sexo
- No apartado de documentación: o tipo e o número de documento
- No apartado Orixe:
      - País de nacemento
      - Provincia 
      - Nado en
      - Data
      - País de nacionalidade
      - Pais de residencia
- No apartado enderezo debe existir polo menos unha dirección de tipo matricula, con todos os datos cubertos:
      - Tipo: matrícula
      - Pais = España
      - Provincia
      - Concello
      - Código Postal
      - Localidade
      - Enderezo

- Se a súa situación académica está revisada é correcta e o alumno non se pode activar, chamar ao CAU

Ir al inicio

________________________________________________________________________________

¿Como lle podemos facilitar a contrasinal a un alumno que xa ten a súa conta en servizos e non lembra a súa
           contrasinal?

- Dende a páxina https://servizos.centros.udc.es

- Onde pon Procura de usuarios escribimos o login, o documento ou o nome do alumno:
 

 OndePonProcura

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 Pinchamos en Procurar usuarios

  ProcuraUsuarios 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 







Pinchamos en Xerar un novo Password

 

 XerarNovoPassword 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-
Finalmente visualizamos a páxina que lle hai que imprimir ao alumno, na que se lle indica o seu login, a nova contrasinal (xa que a vella non é posible recuperala) e unhas instrucións para cambiala

 

CredenciaisDeAcceso

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 





 

 

 

 

 

 

 

 Ir al inicio
 

________________________________________________________________________________________

 

 

¿Como recuperar as credenciais (login e password) dun alumno, que se preinscribiu nun mestrado?

-Se o alumno non tiña conta en servizos nin conta de correo antigo e se creou unha conta específica para preinscribirse nun mestrado, podemos facilitarlle estas credenciais dende Xescampus en:
Consultas->Executar Consultas->CUENTAS.USUARIO
 

-Se o alumno tiña conta en servizos tivo que preinscribirse no mestrado con esa conta de servizos. Podemos facilitarlle o login ou a contrasinal de servizos seguindo o procedimento

¿Como lle podemos facilitar a contrasinal a un alumno que xa ten a súa conta en servizos e non lembra a súa contrasinal?
 

-Se o alumno tiña unha conta de correo antiga e non tiña conta en serviozs tivo que preinscribirse no mestrado con esa conta de correo antiga. Podemos facilitarlle esta conta de correo ou/e a contrasinal en Xescampus dende Consultas->Executar Consultas-> CUENTAS.USUARIO

 

Ir al inicio


_______________________________________________________________________________

 

 

¿Cómo identificamos a un alumno para darlle as credenciais?

É moi importante identificar ao alumno antes de darlle unhas credenciais. Para elo debemoslle esixir ao alumno que veña persoalmente co DNI, pasaporte ou algún documento acreditativo oficial.

No caso excepcional en que lle fora imposible ao alumno persoarse no centro, é preciso que envíe por correo electrónico a conta da administración do centro, ou ao fax da administración, unha fotocopia lexible do seu documento de identificación polas dúas caras, e ademais nos proporcione unha información persoal como a residencia familiar, a conta de correo antiga da universidade, etc. Nese caso se lle podería devolver por correo electrónico dende a conta da administración do centro as credenciais que nos solicita.

 

Ir al inicio
 

 

___________________________________________________________________________________

 

 

¿Como xestionar as incidencias ou dúbidas sobre as cuestións informáticas?
Ante calquera incidencia informática relacionada ca aplicación Xescampus ou coa activación do alumno, é o persoal da administración do centro o que debe chamar ao teléfono do cau CAU (ext. 2222) ou no enderezo electrónico cau.sic@udc.es e non o alumno. Deste xeito as nosas líneas estarán máis accesibles para as incidencias que só se poden resolver dende este servizo. Tamén lles agradecemos as suxestións para mellorar este servizo
Moitas grazas.

 

Ir al inicio 
 

_____________________________________________________________________________________

 

¿Esquema usuarios UDC? 
  Esquema_usuarios_udc

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 








 

 

Ir al inicio
 

_________________________________________________________________________________________