Cómo solicitar incidencias por traslado do Pas

Procedemento de solicitude de intervención informática
de soporte ó concurso de traslados

-O responsable de cada unidade administrativa debe solicitar as altas e baixas dos traballadores da súa unidade, chamando ó CAU, onde se crearán as incidencias.
-Por cada alta tense que tramitar a baixa correspondente.
-É imprescindible que os usuarios afectados teñan xa a súa nova conta de servizos.


Indicámoslle con máis detalle as particularidades de cada tipo de servizo:

*No caso das administracións dos centros, servizos de xestión académica e outros servizos centrais que utilicen xescampus
-O responsable debe chamar ó cau para solicitar a xestión das contas do dominio, así como a configuración dos pcs para os novos usuarios, indicando os nomes e login de servizos dos traballadores de alta e de baixa.
-O responsable debe tramitar as altas e baixas de xescampus cubrindo o formulario Alta en Xescampus e envilo á dirección que indica a pé de páxina
 

*No caso dos negociados de xestión económica dos centros
-O responsable debe chamar ó cau para solicitar a configuración dos pcs para os novos usuarios, indicando os nomes e login de servizos dos traballadores de alta e de baixa.
-O responsable debe solicitar o cambio de contrasinal do usuario da aplicación Sorolla dese centro enviando un mail a axea.sic@udc.es

*No caso dos servizos de asuntos económicos da reitoría
-O responsable debe chamar ó cau para solicitar a xestión das contas do dominio, así como a configuración dos pcs para os novos usuarios, indicando os nomes e login de servizos dos traballadores de alta e de baixa.
-O responsable debe solicitar o cambio de contrasinal do usuario da aplicación Sorolla si o que se marcha usaba unha conta xenérica e, se usaba unha persoal, solicitar a desactivación da conta de baixa e o alta da conta do novo traballador enviando un mail a axea.sic@udc.es

*Nos servizos de persoal:
-O responsable debe chamar ó cau para solicitar a xestión das contas do dominio, así como a configuración dos pcs para os novos usuarios, indicando os nomes e login de servizos dos traballadores de alta e de baixa.
-O responsable debe solicitar los cambios correspondentes (altas e baixas) na aplicación Epsilon enviando un mail a axea.sic@udc.es

*Na biblioteca:
-O responsable debe chamar ó cau para solicitar a xestión das contas do dominio, así como a configuración dos pcs para os novos usuarios, indicando os nomes e login de servizos dos traballadores de alta e de baixa
-O responsable debe tramitar as altas e baixas de Millenium na sección de proceso técnico da biblioteca central

*Noutros servizios:
-O responsable debe chamar ó cau para solicitar a xestión das contas do dominio, así como a configuración dos pcs para os novos usuarios, indicando os nomes e login de servizos dos traballadores de alta e de baixa

 

*En departamentos decanatos
-O responsable debe chamar ó cau para solicitar a configuración dos pcs para os novos usuarios, indicando os nomes e login de servizos dos traballadores de alta e de baixa.
- Si se precisan permisos en Xescampus, o responsable debe tramitar as altas e baixas de xescampus cubrindo o formulario: Alta en Xexcampus e enviándoo á dirección que indica a pé de páxina