FAQS - Preguntas frecuentes Office 365

Como accedo ás aplicacións de Office 365.

R: Débese ir á ligazón  https://portal.office.com/ (adicionalmente preparouse o alias  https:// office365.udc.es/ )            

 

Non vexo algunhas aplicacións de Office 365.

R: No primeiro nivel menú de aplicacións visualízanse as aplicacións "ancoradas"/favoritas. Para cambialo,

Máis información

 

Como cambio o idioma de office365 a galego

R: Siga os pasos desta guía. Faga click para máis información.

 

Refresco datos. Cambiei datos do meu perfil (ou outros datos) e non vexo o efecto nos servizos/aplicación.               

R: Trátase dun efecto provocado pola caché dos sistemas/aplicacións. A solución é esperar a que se asente o cambio ou pechar a sesión e volver entrar nela     

 

Activación de seguridade adicional: autenticación en dous pasos Como podo activar unha seguridade adicional para a miña conta de Office 365?.

R: Entra na configuración de Office 365 (desde o menú da icona cunha engrenaxe) e vaiche a "Seguridade e privacidade" -> "Comprobación de seguridade adicional" -> "Actualice os números de teléfono que usa para a seguridade da conta".

Desde aí, pódense configurar diversos mecanismos de autenticación adicional: SMS, aplicación de autenticación de Microsoft, chamada, ...               

 

Aparencia, idioma. O aspecto da miña contorna  office 365 non se parece ao das guías.

R: Podería ser debido a que se  utilize un  navegador moi antigo 

 

Aparencia, idioma. Sáenme os menús en Inglés.

R: Iso é debido a que o idioma do sistema operativo  está en galego (por exemplo todos os clientes  vdi teñen o sistema operativo en galego)