I Recital Amergin

Praia das Lapas

O 11 de maio de 2019, Antonio Sandoval e Teresa Ramiro organizaron, en colaboración con Xurxo Souto, na Praia das Lapas (antigua Praia do Areal), na Coruña, un recital poético en lembranza de Amergin, tamén coñecido como Amhairghin Glúngheal, o druída que dá nome ao Instituto Universitario de Investigación en Estudos Irlandeses, da Universidade da Coruña, e que é un símbolo que alude á relación histórica entre Galicia e Irlanda. 

Ese solpor, ao pé da Torre de Breogán (actual faro da Torre de Hércules), un grupo de entusiastas de diferentes xeracións reuníuse para celebrar o famoso poema - ou canción - de Amergin (Song of Amergin), reinterpretado por varias voces de idades diversas. Antonio de Toro recitou a versión de Paddy Bushe en inglés do poema orixinal e Antonio Sandoval, autor do libro A Torre de Hércules, fixo unha introdución á figura de Amergin e á súa importancia, lendo a continuación un poema inspirado na súa famosa canción, seguido doutras interpretacións por parte dos outros participantes.

Os organizadores manifestaron a súa intención de repetir o evento en anos sucesivos.

 

Amergin 5

A lectura do poema incluíu unha interpretación en linguaxe de signos. 

---

 

Amergin 2

Antonio de Toro recita a versión inglesa da canción, feita polo poeta irlandés Paddy Bushe

---

 

 

Amergin 18

Os asistentes participan nunha lectura do poema.

---

 

Amergin 29

Solpor na beira do mar na Coruña.

---