Actividades da Oficina de Medio Ambiente no mes de novembro

Actividades da Oficina de Medio Ambiente no mes de novembro

Visita á planta de residuos de Nostián 

Dirixida ao alumnado de Ferrol  días 8 e 15, a escoller (15:30-19:30 h)

Visita guiada á planta de tratamento de residuos do concello da Coruña e do Consorcio das Mariñas.  Explicarase o sistema de separación selectiva, o funcionamento da planta e o tratamento das dúas fraccións principais. Para acadar unha reciclaxe de calidade, o tratamento en planta require da participación da cidadanía cunha boa separación en orixe. Máis información

Visita á planta de depuración por humidal da UDC 

Día 14 (16:30-17:30 h)

Visita guiada á planta piloto de humidais construídos localizada no Monte da Fraga, a cargo do persoal do grupo de investigación de Enxeñaría Química Ambiental (EnQA) da UDC, que traballa no eido da depuración ecolóxica de augas residuais urbanas e industriais. Máis información

Obradoiro: Ecoauditoría da auga no fogar e nos centros da UDC

Día 14 (12:30-14:30 h)

Seguindo a metodoloxía das auditorías dirixidas á minimización, este obradoiro busca coñecer as actividades e os lugares onde se consume maior cantidade auga, as súas causas e formas de reducir ese consumo. Máis información

Exposición de enerxía e cociña solar no campus de Esteiro (Ferrol) 

Aberta ata o día 14

Visita libre, sen inscrición. Exposición sobre enerxía solar "Enchufados ao sol", da man de ADEGA, e "Aparellos para a cociña solar" da man de Juan Bello e Picos do Sol. Ocasión para achegarse a coñecer como aproveitar esta enerxía limpa e inesgotable, e as súas posibilidades na cociña.

Xornada de voluntariado ambiental no Monte da Fraga

Día 15 (15:30-17:30 h)

II Xornada de voluntariado para a eliminación de Especies Exóticas Invasoras, a cargo da equipa de educación ambiental de ADEGA. Consistirá no traballo de campo con ferramenta manual para a eliminación das principais especies de flora que se atopan no Monte da Fraga. Máis información

Semana Europea de Prevención dos Residuos: Exposición

Facultade de Ciencias da Educación do 19 ao 23

Xornadas informativas dos diferentes modelos de recollida separada de residuos, caracterización e posterior exposición nas zonas comúns da Facultade de Ciencias da Educación.

Noite dos morcegos

Día 27 (18:00-21:00 h)

Introdución á bioloxía dos quirópteros: folklore, ecoloxía e bioloxía das especies galegas. Revisión das caixas de morcegos localizadas no campus da Zapateira.


A participación en todas as actividades é de balde, pero é imprescindible inscribirse en
 oma2@udc.gal

Toda a información, detalles de horarios e lugares na páxina web da Oficina de Medio Ambiente