Proxecto MAGA

MAGA Mulleres Arquitectas de GAlicia

No ano 2011 mandouse á convocatoria de proxectos de investigación publicada polo Instituto da Muller o proxecto: As mulleres arquitectas de Galicia: o seu papel na profesión e no ensino da profesión (o exercicio da arquitectura en Galicia desde unha perspectiva de xénero).
O proxecto presentado encádrase no ámbito da incorporación da muller nos procesos de deseño, producción e xestión nos eidos científicos e tecnolóxicos, aspectos que teñen relación coa presenza das mulleres nas profesións masculinizadas e cos procesos de visibilidade a muller en eidos profesionais e laborais.
A resolución da convocatoria foi coñecida a través da comunicación do Servizo de Investigación da UDC en xaneiro do 2012. Nun escrito do 19 de xaneiro comunícaselle á Dirección do Instituto da Muller que se acepta a subvención concedida.

FINALIDADE E OBXECTIVOS

A actividade desenvolvida neste primeiro tempo levounos a redefinir e axustar a finalidade do proxecto, que consiste en dar valor á participación activa da muller no desenvolvemento da profesión de arquitecto. ben sexa como axente arquitectónico ou como mostra da súa formación universitaria nos eidos laborais nos que intervén, estando a considerar a área xeográfica de Galicia e un período de tempo que abrangue 1940-2005.

Cuestións que se teran que realizar:
- Reconstruir a historiografía das arquitectas de Galicia nun tempo que vai desde que se rexistra a primeira arquitecta galega titulada, Rita Fernández Queimadelos, no 1940, ata o comezo de século XXI.

- Procesamento dos datos cuantitativos que recollen a presenza de arquitectas nos eidos laboral e académico.

- Amosar a percepción que as arquitectas teñen de si mesmas.

Estamos a falar da visibilización das arquitectas e do seu propio valor coma colectivo, na certeza de "que unha área de coñecemento se vai construíndo como tal, na medida que vai dando razón de si mesma, ten como un dos seus requisitos fundamentais o coñecer e identificar a súa propia historia".

 

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

 

METODOLOXÍA

1. Elaboración dun censo de arquitectas ligadas a Galicia: as arquitectas que exercen a actividade laboral no territorio galego.

2. Recopilación das fontes bibliográficas.

3. Estudo dos antecedentes: primeiras arquitectas españolas; o contexto europeo e americano.

4. Elaboración dunha enquisa en liña remitida ás arquitectas do censo.

ENQUISA

5. Estudo cuantitativo.

6. Entrevista coas pioneiras.

ENTREVISTAS REALIZADAS

 

CONCLUSIÓNS

O Instituto de la Mujer publicou na sua páxina web as conclusións do Proxecto MAGA.

Dita publicación podese consultar na seguinte ligazón:

LAS MUJERES ARQUITECTAS DE GALICIA: SU PAPEL EN LA PROFESIÓN Y EN LA ENSEÑANZA DE LA PROFESIÓN (EL EJERCICIO DE LA ARQUITECTURA EN GALICIA DESDE UNA PERSPECTIVA DE GÉNERO)