Visita os Institutos Universitarios

Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA)

A súa sede é o Pazo de Lóngora na parroquia de Liáns do Concello de Oleiros (A Coruña). 

É un centro propio da Universidade da Coruña, dedicado á investigación, á actividade docente do doutoramento, masters, cursos de posgrao e especialización, e ao asesoramento técnico sobre os aspectos relacionados co Medio Ambiente.

Os seus obxectivos básicos son a promoción e o desenvolvemento do coñecemento e da investigación científica e técnica no campo do Medio Ambiente mediante a realización de proxectos de investigación.

Datos de contacto:  María Piñeiro Iglesiasmaria.pineiro.iglesias@udc.es, 881014175

Visita a súa páxina web

Instituto Universitario de Estudos Europeos Salvador de Madariaga

Situado na Casa da Galería, no Campus da Coruña - Elviña

A finalidade fundamental que persegue o Instituto é promover o acceso a coñecementos especializados no ámbito das relacións internacionais, en particular, no relativo ao proceso de integración europea e á participación da Comunidade Autónoma de Galicia neste proceso.

As súas actividades dedícanse fundamentalmente á investigación así como á docencia interdisciplinar destas materias que preocupan especialmente á sociedade galega e requiren unha consideración científica desde a perspectiva do dereito.

Datos de contacto: Artak Mkrtichyan, a.mkrtichyan@udc.es, 881011966

Días para visitas: martes e venres

Visita a súa páxina web

Instituto Universitario de Investigación de Estudos Irlandeses (AMERGIN)

A súa sede está situada na Facultade de Filoloxía, no Campus da Coruña - A Zapateira

Como centro de investigación da Universidade da Coruña, os nosos obxectivos céntranse no estudo das diferentes disciplinas que conforman a cultura irlandesa, e en concreto os aspectos que vinculan esa cultura coa nosa en Galicia. Desenvolvemos estas tarefas a través da investigación, da docencia de mestrado e doutoramento, da transferencia de coñecemento e do asesoramento literario, cultural, social e académico sobre aspectos relacionados coa lingua e literatura de Galicia e Irlanda.

Amergin ten unha vocación interdisciplinar, transnacional e comparativa, polo que relaciona os Estudos Irlandeses con outras culturas e sociedades, pero tamén coa cultura popular, co cine e a cultura visual, cos movementos migratorios, coa natureza, o turismo, a música ou con cuestións de xénero e sexualidade.

Datos de contacto: David Clark d.clark@udc.es

Días para visitas: luns e mércores con cita previa en  amergin@udc.es, 881011889

 

Visita a súa páxina web