Charlas de Divulgación Científica 2025/2026

A continuación, poden ver a relación de charlas/obradoiros de divulgación científica que oferta a UDC para o curso 2025/2026. Serán fundamentalmente presenciais aínda que se ofertan algunhas accións en liña.

Premendo en cada título poderá ver a descrición do contido e a dispoñibilidade e as limitacións de desprazamento para realizalo.

Para solicitalo deberán dirixirse por correo electrónico á persoa relatora/investigadora responsable de cada actividade. O correo electrónico e os datos de contacto atoparaos na descrición de cada actividade.

Poderán solicitar ate un máximo de 6 charlas en total.

Se teñen calquera consulta poden facela no correo: sape.difusion@udc.es

Unha vez acordada cada solicitude coa persoa responsable deberá formalizalas enchendo o formulario ao que accederán premendo no seguinte botón:

Formulario de Rexistro de Actividades Concertadas

Artes e Humanidades

Tipo: charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Observacións adicionais: precísase computador e pantalla.

Persoa responsable: Xosé Manuel Sánchez Rei

Correo de contacto: sanrei@udc.gal

Neste obradoiro descubriremos o mundo dos corpus lingüísticos, ferramentas que nos permiten asomar a cómo usamos realmente a lingua na vida cotiá e observar cómo foi cambiando ao longo do tempo.  Mediante a análise de grandes conxuntos de datos textuais (conversacións, xornais, redes sociais, textos literarios, et.), poderémosnos adentrar no uso auténtico da linguaxe en distintos ámbitos e comprobar que a lingua é moito máis dinámica e sorprendente do que amosan as gramáticas ou os diccionarios.
O obxectivo deste obradoiro é que o alumnado aprenda a ver a lingua en acción. Con ferramentas dixitais sinxelas e exemplos prácticos, analizaremos algunhas palabras para descubrir os seus segredos de uso. Ao finalizar, o estudantado poderá aplicar o aprendido para investigar por sí mesmo o comportamento das palabras que máis lle interesen, entendendo así que o estudo da linguaxe tamén poder ser unha forma de explorar cientificamente a realidade que nos rodea.
 
Tipo: charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: María Eugenia Conde Noguerol

Correo de contacto: eugenia.noguerol@udc.es

A actividade consiste nunha breve introdución á catástrofe ecolóxica causada polo naufraxio do petroleiro Prestige en novembro de 2002 e unha presentación das accións desenvolvidas no ámbito da literatura, a música e as artes plásticas como resposta social e política naquel contexto de crise. Desenvólvese como formato de "Obradoiro", xa que se procura que sexa unha actividade participativa e colaborativa, a partir de materiais audiovisuais, fotografías, cartaces ou antoloxías de poesía, entre outros.

Tipo: obradoiro/taller

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; Ferrol e contorna; Lugo e contorna.

Observacións adicionais: precísase unha sala con computador e proxector, con mesas e cadeiras que se poidan mover fácilmente

Persoa responsable: Isaac Lourido Hermida

Correo de contacto: isaac.lourido@udc.gal

Faise un repaso de que é y qué non é a agricultura ecolóxica e cómo o movemento romántico desembocou en correntes pseudocientíficas que inundan a produción ecolóxica.Se hace un repaso de qué es y qué no es la agricultura ecológica y cómo el movimiento romántico desembocó en corrientes pseudocientíficas que inundan la producción ecológica.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Observacións adicionais: precisa dun proxector

Persoa responsable: Federico Pomar Barbeito

Correo de contacto: federico.pomar@udc.es

Sete regras de ouro para os poder detectar. A actividade desenvólvese como formato de "Obradoiro", xa que se procura que sexa unha actividade participativa e colaborativa. Despois dun diálogo inicial para estabelecer os criterios que determinan a importancia dun libro, será proposto un exercicio práctico en que o estudantado poderá medir a relevancia de libros concretos a partir deses criterios.

Tipo: obradoiro/taller

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; Ferrol e contorna; Lugo e contorna.

Observacións adicionais: precísase unha sala con computador e proxector, con mesas e cadeiras que se poidan mover fácilmente

Persoa responsable: Isaac Lourido Hermida

Correo de contacto: isaac.lourido@udc.gal

Existe a errada convicción de que as mulleres non tiveron roles prominentes en tempos pasados na literatura ou nas artes, ou que, se os tiveron, foron de tipo marxinal. Hoxe en día estamos a ver películas e libros nos que se pon en valor o labor das mulleres en tarefas tan fundamentais coma o labor de intelixencia no descifrado de claves de Enigma na segunda guerra mundial ou na propia carreira espacial. Tamén hai empresas como Mattel que están recoñecendo que o seu emporio empresarial débese ás mulleres que o desenvolveron. Mais, sendo isto meritorio, o que socialmente se percebe é que foron seres excepcionais, pero que a xeneralidade das mulleres non tiveron colaborado no desenvolvemento dos diferentes campos do saber, xa que se descoñece a historia global na que se incorpore ás mulleres.
Esta proposta pretende remediar o pouco que sabemos aínda sobre a situación das mulleres, que estiveron condenadas na súa maioría á marxinalidade social, pero tamén á marxinalidade histórica, mesmo nos casos nos que tiveron roles prominentes nas artes e nas letras. Polo tanto, pretendemos mostrar as figuras de mulleres que historicamente foron relevantes e que non están recollidas nas historias do saber, e as novas xeracións non somos conscientes do que teñen acadado nas súas respectivas disciplinas. Mencionaremos varias escritoras e artistas de séculos pasados que sirvan para exemplificar o exposto con anterioridade.
 
Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Persoa responsable: Begoña Lasa Álvarez e colabora María Jesús Lorenzo Modia

Correo de contacto: b.lasa@udc.es

No período comprendido entre os séculos XVI e XVIII cobraron protagonismo na historia galega algunhas mulleres que chegaron, con maior ou menor fortuna, ao imaxinario popular.
É o caso de María Pita, a famosa heroína de Coruña, cuxa fazaña trascendeu límites fronteirizos. Non obstante, coñecemos a súa xesta pero, cal era a vida cotiá da muller que defendeu a cidade? Que sabemos da súa traxectoria vital? Como vivían as mulleres da época? Que hai de mito e que de realidade na súa historia?
A partir desta charla/obradoiro viaxaremos ao pasado para afondar nestas e noutras cuestións que, aínda que se contextuallizan na capital herculina, terán o seu eco en todo o territorio galego.
 
Tipo: Obradoiro/Taller

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; Ferrol cidade; Santiago de Compostela cidade

Materiais manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Persoa responsable: Patricia Súarez Álvarez e colaboran: Yamilé Pérez Guillarte e Roberto García Morís

Correo de contacto: p.suareza@udc.es

No período comprendido entre os séculos XVI e XVIII cobraron protagonismo na historia galega algunhas mulleres que chegaron, con maior ou menor fortuna, ao imaxinario popular. 
Unha delas, Isabel Zendal, logrou recoñecemento de forma recente, a pesar do papel crucial que tivo na expedición da varíola a América.
Coñecemos dita expedición e coñecemos o seu nome pero, quen era Isabel Zendal? Cal foi o contexto no que se embarcou a América? Como era o sistema asistencial da época? Que outras mulleres tiveron un papel importante?
A partir desta charla/ taller viaxaremos ao pasado para afondar nestas e noutras cuestións, co fin de poñer en relevo a figura de Zendal neste feito histórico.
 
Tipo: Obradoiro/Taller

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; Ferrol cidade; Santiago de Compostela cidade

Materiais manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Persoa responsable: Patricia Súarez Álvarez e colaboran: Yamilé Pérez Guillarte e Roberto García Morís

Correo de contacto: p.suareza@udc.es

Trátase de mostrar ao estudantado a importancia e o interese de coñecer o léxico da lingua galega, da súa orixe e da súa historia, a través fundamentalmente do Dicionario da Real Academia Galega, do Dicionario Histórico e Etimolóxico da Lingua Galega e do Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega, a través dun enfoque práctico.

Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: precisa canón de proxección ou televisor conectado a PC.

Persoa responsable: María Dolores Sánchez Palomino

Correo de contacto: maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es

Ciencias

O desexo de crear vida artificial estivo presente na mente do ser humano dende tempos inmemoriais. Nesta charla veremos como a fabricación de células sintéticas con capacidade para evolucionar, crecer ou dividirse proporciona unha poderosa estratexia para reconstruir múltiples procesos biolóxicos, organizar reaccións (bio)químicas en compartimentos ben definidos, transportar fármacos de xeito selectivo e vislumbrar cómo a vida emerxeu na Terra.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: Roberto Javier Brea Fernández

Correo de contacto: roberto.brea@udc.es

A natureza representa para o ser humano unha fonte de inspiración continua na creación de novas tecnoloxías. Nesta charla veremos como a construcción de máquinas moleculares artificiais con capacidade para realizar distintos movementos mecánicos en resposta a un estímulo externo proporciona unha poderosa estratexia para reconstruir procesos biolóxicos relevantes, transportar biomoléculas de especial interese e almacenar enerxía de xeito eficiente.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: Roberto Javier Brea Fernández

Correo de contacto: roberto.brea@udc.es

Charla de divulgación sobre a utilización de indicadores biolóxicos para os estudos de evolución da paisaxe e do clima; concretamente as investigacións centradas na análise do pole fósil contido nos sedimentos, como ferramienta de estudo paleoambiental.

Tipo: Charla/conferencia Presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Persoa responsable: Luísa Santos Fidalgo

Correo de contacto: luisa.santos@udc.es

O pensamento científico e o pensamento crítico comparten unha mesma esencia: a busca rigorosa e reflexiva do coñecemento. Ambos os dous susténtanse na capacidade de razoar, é dicir, de analizar a información con lóxica; na disposición a cuestionar, poñendo a proba ideas, evidencias e supostos; e na vontade de descubrir, transformando a dúbida en novas respostas e aprendizaxes. Integrar estas formas de pensamento non só fortalece a práctica científica, senón que tamén potencia a toma de decisións fundamentadas na vida cotiá.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Instalación especial: si

Persoa responsable: Juan José Galán Díaz

Correo de contacto: juan.jose.galan@udc.es

Charla que explica as propiedades e as aplicacións na Enxeñaría e na Arquitectura destas superficies.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Materiais manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: só se necesita ordenador e canón de vídeo.

Persoa responsable: Ana Dorotea Tarrío Tobar

Correo de contacto: ana.dorotea.tarrio.tobar@udc.es

Nesta charla cóntase a biografía e as aportacións á medición do meridiano que fixo Rodríguez, así como as consecuencias que isto tivo. Este matemático galego é considerado un dos máis destacados na súa época a nivel galego e español, os seus traballos foron moi respetados tamén en Francia ou Reino Unido. Realizou ademais unha actividade política moi activa.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Materiais manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: só se necesita ordenador e canón de vídeo.

Persoa responsable: Ana Dorotea Tarrío Tobar

Correo de contacto: ana.dorotea.tarrio.tobar@udc.es

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Ferrol e contorna.

Persoa responsable: Rebeca Bouza Padín

Correo de contacto: rebeca.bouza@udc.es

A actividade consta dunha charla sobre a evolución do clima da Terra dende a súa formación ata a actualidade. Permite coñecer o pasado para entender o presente dende a rigurosidade científica. Tamén inclúe referencias aos métodos de estudo aplicados neste tipo de estudos.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Materiais manipulados polo público: si

Persoa responsable: Armand Hernández Hernández

Correo de contacto: armand.hernandez@udc.es

A actividade consta dunha charla sobre a realidade climática actual. Xa non hai dúbida de que nos atopamos ante un cambio no clima, pero moitas veces fálase dende a opinión persoal ou as crenzas de cada un. Nesta charla inclúese unha análise detallada do momento de Cambio Climático actual, das súas causas e dos seus futuros impactos. Todo é explicado dende a rigurosidade científica (de xeito divulgativo) e facendo referencia ás metodoloxías que se empregan no mundo científico para facer este tipo de estudos.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Materias manipulados polo público: si

Persoa responsable: Armand Hernández Hernández

Correo de contacto: armand.hernandez@udc.es

Introducir unha panorámica xeral do sector das enerxías renovables no noso país incidindo na súa situación actual en termos de potencia instalada, enerxía producida e horas de funcionamento, así como nas perspectivas de futuro deste sector tendo en conta a lexislación europea e nacional. Proporcionar unha visión xeral dos tipos de centrais produtoras de enerxía eléctrica de orixe renovable: eólica, solar, hidráulica, térmica de la biomasa, biocombustibles e outras renovables emerxentes.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Propiedade intelectual: si

Especial protección: si

Observacións adicionais: duración de 90 min.

Persoa responsable: Luis Montenegro Pérez

Correo de contacto: l.montenegro@udc.es

Proporcionar unha visión xeral sobre a situación da enerxía nuclear en España e no mundo. Mostrar conceptos básicos sobre os diferentes tipos e número de centrais nucleares en España, a súa potencia instalada, a súa produción eléctrica, as horas de funcionamento, o combustible nuclear, a seguridade nuclear, os tipos de residuos radioactivos e a súa xestión temporal e definitiva.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Propiedade intelectual: si

Especial protección: si

Observacións adicionais: duración de 90 min.

Persoa responsable: Luis Montenegro Pérez

Correo de contacto: l.montenegro@udc.es

Proporcionar os coñecementos básicos sobre a xestión dos residuos radioactivos xerados nas centrais nucleares, que é un dos maiores retos científico-técnicos que teñen que afrontar as sociedades desenvolvidas nas próximas décadas. Mostrar tamén a existencia doutros tipos de residuos radioactivos xerados en actividades non eléctricas como na sanidade, a industria e a investigación.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Propiedade intelectual: si

Especial protección: si

Observacións adicionais: duración de 90 min.

Persoa responsable: Luis Montenegro Pérez

Correo de contacto: l.montenegro@udc.es

Faise un repaso da historia da agricultura, como actividade humana integrada na historia natural. De cómo a evolución foi moldeando os seres vivos e cómo a agricultura supuxo un cambio das "reglas do xogo".
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Observacións adicionais: precisa dun proxector

Persoa responsable: Federico Pomar Barbeito

Correo de contacto: federico.pomar@udc.es

Faise un repaso de que é y qué non é a agricultura ecolóxica e cómo o movemento romántico desembocou en correntes pseudocientíficas que inundan a produción ecolóxica.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Observacións adicionais: precisa dun proxector

Persoa responsable: Federico Pomar Barbeito

Correo de contacto: federico.pomar@udc.es

Faise un repaso das perspectivas futuras para a agricultura.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Observacións adicionais: precisa dun proxector

Persoa responsable: Federico Pomar Barbeito

Correo de contacto: federico.pomar@udc.es

Sabías que existen partículas miles de veces máis pequenas que un cabelo humano que poderían transformar o tratamento de enfermidades? Nesta charla, exploraremos como a nanotecnoloxía e os nanomateriais están a abrir novas posibilidades na medicina: desde transportar fármacos directamente ao cerebro para tratar doenzas complexas ata crear imaxes de alta precisión para un diagnóstico mellor. Veremos xuntos como se deseñan e sintetizan estes materiais tan especiais e descubriremos por que poderían ser a clave para un futuro con tratamentos máis eficaces e seguros.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; provincia de Pontevedra

Propiedade intelectual: si

Especial protección: si

Instalación especial: si

Persoa responsable: Inmaculada Jénnifer Gómez Pérez

Correo de contacto: i.jennifer.gomez@udc.es

Esta charla centrarase en amosar como a biotecnoloxía está presente na nosa vida cotiá dun xeito case invisible. Desde os alimentos que comemos ata os medicamentos que usamos, exploraremos as aplicacións cotiás nos ámbitos sanitario, agroalimentario, industrial e medioambiental, destacando o seu impacto na vida moderna.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Observacións adicionais: as charlas poderían realizarse en liña para calquera centro de Galicia

Persoa responsable: Manuel Becerra Fernández

Correo de contacto: manuel.becerra@udc.es

Sabías que existen microorganismos capaces de vivir en condicións que para nós serían imposibles? Os termófilos prosperan a temperaturas superiores aos 45 °C, en lugares como fontes termais ou volcáns submariños. Nesta charla descubriremos qué son, cómo conseguimos estudalos, qué estratexias lles permiten sobrevivir ao extremo e por qué poden ser clave en aplicacións que van desde a biotecnoloxía ata a procura de vida noutros planetas.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Observacións adicionais: as charlas poderían realizarse en liña para calquera centro de Galicia

Persoa responsable: Manuel Becerra Fernández

Correo de contacto: manuel.becerra@udc.es

Charla adaptable ao estudantado de diferentes niveis na que se dan unhas pinceladas xerais sobre o funcionamento do sistema nervioso e como, a partir duns estímulos o cerebro "interpreta" a realidade para crear o que finalmente percibimos. 

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Materias manipulados polo público: si

Observacións adicionais:  Charla interactiva con utilización de ilusións visuais que require un canón e unha pantalla para proxectar

Persoa responsable: Casto Rivadulla Fernández

Obradoiro interactivo para grupos reducidos (máx 20) sobre o sabor e a influencia (enorme) do olfato e a (pequena) do gusto na creación do sabor.
Explicanse algúns detalles sobre o funcionamento do cerebro, cóntanse as papilas gustativas, fanse test para detectar supergustadores..... O estudantado probará algunhas comidas, terá que moverse, polo que o ideal é facer esta actividade nun laboratorio con acceso a auga corrente.
 
Tipo: Obradorio/Taller

Límites de desprazamento: Galicia

Materias manipulados polo público: si

Observacións adicionais: o ideal sería dispoñer dun laboratorio con acceso a auga corrente e proxector.

Persoa responsable: Casto Rivadulla Fernández

Os poliquetos son unha clase de anélidos mariños que inclúe ao redor de 12000 especies con moi diferentes estratexias de vida, de alimentación e reprodución. Están presentes nunha gran diversidade de hábitats e en practicamente todas as profundidades. Son fundamentais para reciclar a materia orgánica, como enxeñeiros do ecosistema e como dieta principal de invertebrados e peixes. Ademais, teñen unha gran importancia económica en todo o mundo, xa que se usan en acuicultura e como cebo vivo para a pesca. Aínda que en Galicia hai catro especies autóctonas que se poden usar como cebo, moitos pescadores usan poliquetos vivos importados doutros lugares do mundo, principalmente de Asia.

O obxectivo do taller é dar a coñecer o grupo dos poliquetos (as súas características principais, así como a diversidade de especies) e sensibilizar sobre o risco de introdución de especies cando se utiliza poliqueto exótico como cebo vivo.

Tipo: Obradoiro/Taller

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; provincia de Pontevedra

Materiais manipulables polo público: si

Persoa responsable: Lucía Couceiro López e colabora: Julio Parapar, Nuria Fernández e Natalia Romero

Correo de contacto: lucia.couceiro@udc.es

Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: Víctor Barrientos Rodríguez

Correo de contacto: victor.barrientos@udc.es

Nesta charla participarán dous relatores especialistas nas áreas referenciadas: TICs (Javier Andrade) e Medio Ambiente (María Piñeiro). Ambos realizaron, e continúan realizando, traballos conxuntos multidisciplinares de aplicación de TICs no Medio Ambiente, moitos deles publicados en revistas de investigación indexadas de recoñecido prestixio. Ambos relatores presentarán, inicialmente e de forma moi sucinta, o contexto da UDC e, dentro dela, os centros máis estreitamente relacionados coa charla. A continuación, abordarán especificamente a contaminación atmosférica (qué é, efectos, etc.) para a continuación plantexar cómo moi diversas TICs se poden empregar tanto para a vixilancia ambiental como para a “eco-actuación”. Así, presentarán exemplos de hardware (add-ons, sensores, …), software (aplicacións, apps, …), etc. que, de forma moi diversa, dan soporte a actividades medioambientais. Especificamente, tamén presentarán proxectos TIC que desenvolveron de xeito conxunto e que foron licenciados a empresas tras ser obxecto de Rexistro da Propiedade Intelectual, ademais de ser publicados en revistas de investigación internacionais, así como novos proxectos que xa se están plantexando. A charla tamén fará especial fincapé en (i) a formación que é necesaria para poder acometer proxectos deste estilo, así como o desexado carácter multidisciplinar que actualmente se demanda aos potenciais profesionais aos que está dirixida esta charla, e (ii) a activación da curiosidade científica para afrontar novos desafíos e conseguir resultados pragmáticos.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña; provincia de Lugo

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: conexión a internet

Persoa responsable: Javier Andrade Garda e María Piñeiro Iglesias

Correo de contacto: javier.andrade@udc.es

A política está chea de números, pero moitas veces non somos conscientes do papel fundamental que xogan as matemáticas nos procesos electorais. Nesta charla exploraremos como os modelos matemáticos inflúen na forma de repartir escanos, escoller representantes e tomar decisións colectivas. Analizaremos distintos sistemas electorais e veremos como cada un deles, aínda mantendo os mesmos votos, pode dar lugar a resultados diferentes. A través de exemplos prácticos e experimentos participativos, o público poderá comprobar en directo como pequenas variacións no sistema poden ter grandes consecuencias. Finalmente, abrirase un debate para que os asistentes poidan reflexionar e decidir cal sería, ao seu xuízo, o modelo máis xusto ou representativo.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; Santiago de Compostela e contorna.

Materiais manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: precísase dun ordenador e un proxector. 

Persoa responsable: Beatriz Álvarez Díaz

Correo de contacto: beatriz.alvarez.diaz@udc.es

Os microorganismos (microbios) asócianse normalmente ás enfermidades que causan, pero só unha mínima parte son patóxenos. A inmensa maioría dos microorganismos non só son útiles senón indispensábeis para moitas das nosas actividades (agricultura, gandería, alimentación, obtención de produtos de interese, etc) e imprescindíbeis para o mantemento da vida no noso planeta polo seu papel nas cadeas tróficas, as súas actividades degradativas, os seus metabolismos exclusivos, etc. Ademais do papel da nosa microbiota para o correcto funcionamento do noso organismo.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: María Concepción Herrero López

Correo de contacto: concepcion.herrero@udc.es

No obradoiro veremos que Física e Matemáticas van unidas da man, e en moitas ocasións permiten predecir o futuro.
Isto farémolo empregando a lei de arrefiamento de Newton, que permite estudar a evolución da temperatura dun obxeto nunha habitación.
Realizarase un pequeno experimento con auga quente, onde se comprobará, empregando o ordenador, que as medidas experimentais obtidas no mesmo coinciden coa solución do problema. Unha vez feito isto, entenderemos por qué podemos predecir o futuro.
 
Tipo: Obradorio/Taller

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Materiais manipulados polo público: si

Persoa responsable: Montserrat Domínguez Pérez e colabora Ana Mª Ferreiro Ferreiro.

Correo de contacto: montserrat.dominguez.perez@udc.es

Trátase dunha primeira aproximación á clasificación empregando modelos de regresión. Farase unha breve presentación teórico/práctica e realizarase un exercicio para clasificar datos das flores iris, dependendo da especie da flor.

Tipo: Obradorio/Taller

Límites de desprazamento: Galicia

Obsevacións adicionais: é desexable que os/as estudantes teñan coñecementos moi básicos sobre algún programa estatístico (Microsoft Excel ou similar, ou o programa R), e precisan un ordenador con dito software estatístico instalado.

Persoa responsable: Ana López Cheda

Correo de contacto: ana.lopez.cheda@udc.es

Se tedes curiosidade por saber como se chega a ser científic@ ou como é o seu día a día, podo falarvos da miña experiencia como química, investigadora, profesora, divulgadora... e algunhas cousas máis.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Materiais manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Persoa responsable: Socorro Castro García

Este é un pequeno obradoiro no que trataremos de entender o comportamento do mundo que nos rodea, facendo algúns experimentos con sustancias tan entretidas como nitróxeno líquido, xeo seco ou helio.
 
Tipo: Obradoiro/Taller

Límites de desprazamento: Galicia

Materiais manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: require condicións especiais e haberá que estudar a posibilidade de facelo con cada centro interesado

Persoa responsable: Socorro Castro García

É o coche de hidróxeno unha solución viable para o problema enerxético da nosa sociedade? En qué se basea o seu funcionamento? É mellor ca un de gasolina ou un eléctrico? Xa podemos comprar un? Coa axuda dun modelo a pequena escala, podemos ver xuntos como funciona un coche de hidróxeno e responder a algunhas desta cuestións.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Materiais manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Persoa responsable: Socorro Castro García

Nesta charla faremos un repaso sobre como funciona a tecnoloxía de impresión 3D (que tipos de materiais se poden imprimir, con que técnicas...) utilizando como exemplos obras de arte cheas de creatividade.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Materiais manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Persoa responsable: Socorro Castro García

Esta charla céntrase no impacto que o descubrimento de novos compostos químicos (moléculas) a partir de fontes naturais ou mediante síntese orgánica tivo no desenvolvemento de novos fármacos e no tratamento de enfermidades. Falarase do desenvolvemento da aspirina, de fármacos antiinflamatorios como o ibuprofeno, de antibióticos como a penicilina e de axentes antitumorais como o taxol. Nesta charla destacarase a importancia da estrutura química na actividade biolóxica e nas relacións estrutura-actividade.
A charla pódese adaptar ao ensino en secundaria, bacharelato ou formación profesional.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Persoa responsable: José Pérez Sestelo

Correo de contacto: sestelo@udc.es

Ciencias da Saúde

Nesta charla se fomentará e promoverá hábitos saudables e saúde mental para cumprir cos obxectivos de desenvolvemento sostible.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; Ferrol e contorna

Observacións adicionais: preferiblemente pola tarde

Persoa responsable: Miguel Ángel Talavera Valverde

Correo de contacto: miguel.angel.talavera.valverde@udc.es

Cómo o sentido das nosas tarefas diarias pode fortalecer tanto á mente como ao planeta.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; Ferrol e contorna

Observacións adicionais: preferiblemente pola tarde

Persoa responsable: Miguel Ángel Talavera Valverde

Correo de contacto: miguel.angel.talavera.valverde@udc.es

Esta charla ten como obxetivo adentrarse no fascinante mundo do soño e explorar a súa importancia para a saúde e o bienestar. Nela abordaranse as bases científicas do sono, dende o ciclo de sono REM ata as diferentes fases do sono non REM e cómo inflúen na nosa calidade de descanso. Tamén se explorará cómo o sono axeitado inflúe na saúde física e mental, incluíndo a regulación do estado de ánimo, o reforzo da memoria e a toma de decisións. Analizaránse os trastornos do sono comúns, como o insomnio e a apnea do sono, e discutiremos estratexias para abordalos. Así mesmo, ofreceránse  consellos prácticos para manter un horario de sono regular, crear un ambiente propicio para o descanso e mellorar a hixiene do sono. Para finalizar  abordaráse cómo o uso excesivo de dispositivos electrónicos pode afectar a calidade do sono, discutindo diferentes estratexias para mitigar isto.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Propiedade intelectual: si

Persoa responsable: Carmen de Labra Pinedo

Correo de contacto: c.labra@udc.es

A enxeñaría de tecidos é unha disciplina dentro da biomedicina cuxo obxectivo é promover a rexeneración tisular, recuperando a funcionalidade e estrutura dos tecidos danados no organismo mediante o emprego de biomateriais capaces de guiar procesos metabólicos e a actividade celular. Esta disciplina preséntase como unha alternativa moi prometedora para a rexeneración de tecidos en diferentes patoloxías. A enxeñaría de tecidos se soporta en tres pilares básicos que son: as células (se poden elexir células cun fenotipo inmaduro ou maduro), o biomaterial ou andamiaxe sobre o que crecerán as células e os factores de crecemento que favorecerán a diferenciación das células nai hacia un tecido ou otro. Así, seleccionando o mellor tipo celular, o biomaterial que mellor mimetice a matriz extracelular e os factores de crecemento, podremos obter un bó sustituto tisular. Na presentación se realizará unha revisión de cada uno destes pilares básicos para poder obter tecidos á carta.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Instalación especial: si

Observacións adicionais: proxector para presentación en Powerpoint

Persoa responsable: Silvia María Díaz Prado

Correo de contacto: s.diaz1@udc.es

Os pés son a base do movemento e, nembargantes, soen ser os grandes olvidados no entrenamento e a prevención de lesións. Aproximadamente o 20% das lesións que se producen facendo deporte afectan ao  nocello ou ao pé. Esta charla aborda cuestións sobre como a morfoloxía, a biomecánica e o cuidado podolóxico na prevención de lesións  convértense en aliados clave para deportistas de todos os niveis. Desde a selección do calzado aos exercicios de forza e propiocepción para optimizar a pegada e evitar escordaduras, explicarase por que coidar e entrenar os pés é tan importante como entrenar calquera outro grupo muscular.
 
Algunhas cuestións que se abordarán na charla:
Todos os pés poden render igual ante un deporte? Tipos de pé e as súas características.
Cales son as claves para ter uns pés e nocellos preparados para o deporte?
Pódese previr unha escordadura de nocello? Qué é a propiocepción e qué papel xoga?
Ten o pé algunha responsabilidade na prevención de lesións de xeonllo?
Cómo elixir o calzado axeitado para facer un deporte?
 
A charla inclúe unha breve ollada hacia o concepto de pseudociencia, a información cuestionable no mundo da prevención e o rendemento deportivo e cómo xestionala.
O obraodiro (coa participación voluntaria do público asistente) desenvolve:
- Unha análise morfolóxica do pé (patróns de morfoloxía e antropometría do pé).
- Unha análise da dinámica da marcha e a carreira cunha plataforma de presións.
- Probas de estabilidade do nocello e o pé.
 
Tipo: Obradoiro/Taller

Límites de desprazamento: Galicia

Materias manipulados polo público: Si

Observacións adicionais: espazo para instalar unha plataforma de presións e un portátil co software da plataforma e espazo para exercicios de estabilidade.

Persoa responsable: Francisco Alonso Tajes

Correo de contacto: francisco.alonso.tajes@udc.es

Charla sobre dor pélvica e os estereotipos que hai ó seu arredor.

Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña

Materias manipulados polo público: si

Persoa responsable: Zeltia Naia Entonado

Correo de contacto: zeltia.naia@udc.es

A nanotecnoloxía é unha ciencia en auxe que se sirve das propiedades específicas dos nanomateriais (materiais con tamaño de partícula moi pequeno) para desenvolver unha grande cantidade de novas aplicacións. Os produtos que conteñen nanomateriais forman parte xa das nosas vidas. Nesta charla trataremos sobre as propiedades e utilidade dos nanomateriais, e nos preguntaremos se a súa utilización é segura.

Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: precísase dun proxector de vídeo para conectar a un ordenador portátil.

Persoa responsable: Blanca Laffon Lage e colaboran Vanessa Valdiglesias García e Natalia Fernández  Bertólez (segundo dispoñibilidade)

Correo de contacto: blanca.laffon@udc.es

A toxicoloxía, ou o estudo dos efectos nocivos dos distintos axentes sobre a saúde e o medio ambiente, é unha das disciplinas científicas máis descoñecidas, a pesar de estar motio máis presente nas nosas vidas que o que poidamos sospeitar. Esta charla pretende dar a coñecer ao estudantado, dunha forma dinámica e amena, o mundo da toxicoloxía, a importancia dos seus estudos e as súas múltiples aplicacións, desde a prevención da saúde dos traballadores ao desenvolvemento de novos fármacos seguros para os pacientes.

Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: precísase dun proxector de vídeo para conectar a un ordenador portátil.

Persoa responsable: Vanessa Valdiglesias García e colaboran Blanca Laffon Lage e Natalia Fernández  Bertólez (segundo dispoñibilidade)

Correo de contacto: vanessa.valdiglesias@udc.es

O 60% das mortes “súbitas” de orixe cardíaco ocorren no domicilio ou no lugar de traballo. O verdadeiro problema plantéxase fóra do hospital. A evidencia científica avala a importancia da activación precoz da cadea de supervivencia para intentar revertir a parada cardiaca súbita e o comezo inmediato da RCP básica e o uso precoz do desfibrilador. A RCP é unha técnica moi sinxela e vital, que debería comezar a aplicarse antes da chegada do persoal médico, "debería ser divulgada en todas partes, xa que incrementa significativamente a probabilidade dun bo resultado” (Organización Mundial da Saúde, 2008).

Tipo: Obradorio/taller presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Materiais manipulados polo público: si

Observacións adicionais: todo o material necesario o leva o relator

Persoa responsable: José Palacios Aguilar

Correo de contacto: jose.palacios@udc.es

"É propio do sabio previr o mal, máis que empregar remedios para curalo” (Tomas Moro, Utopía, 1516). No noso caso, o obxectivo principal é previr o mal que representa o uso incorrecto do medio acuático, que leva á morte en moitísimas ocasións. Preto de 400.000 persoas morren por afogamento cada ano no mundo e cerca de 500 en España, casi sempre por causas facilmente evitables. Na Educación deberíase facer maior énfase na prevención e na preparación dos cidadáns cara a primeira intervención, superando carencias que son propias do pasado. A vida é o ben máis prezado que temos y todos podemos facer algo para outros poidan seguer con vida. 

Tipo: Charla/Obradoiro

Límites do desprazamento: Galicia

Materiais manipulados polo público: si

Observacións adicionais: todo o material necesario o leva o relator

Persoa responsable: José Palacios Aguilar

Correo de contacto: jose.palacios@udc.es

Tipo: Obradoiro/Taller

Límites do desprazamento: Galicia

Materiais manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Especial protección: si

Instalacións especiais: si

Observacións adicionais: precísase proxector e conexión HDMI

Persoa responsable: Raquel Veiga Seijo

Correo de contacto: raquel.veiga.seijo@udc.es

Este obradoiro ten como obxectivo sensibilizar sobre estereotipos asociados ás persoas adultas maiores e visibilizar o idadismo como determinante social de saúde, participación e inclusión das persoas maiores na sociedade. Así mesmo, analizarase o concepto das persoas maiores dende a interseccionalidade, facendo alusión á perspectiva de xénero, discapacidade, etnia, etc. Con este obradoiro esperamos impactar na poboación xoven para que unha sociedade interxeneracional inclusiva sexa máis posible.

Tipo: Obradoiro/Taller

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; Ferrol e contorna

Propiedade intelectual: si

Especial protección: si

Observacións adicionais: precisa proxector para diapositivas e material de oficina. 

Persoa responsable: Silvia Veiga Seijo e colabora Raquel Veiga Seijo.

Correo de contacto: silvia.veiga.seijo@udc.es

Esta actividade combina un acercamento teórico, un taller práctico e reflexión grupal co obxectivo de sensibilizar á poboación xove sobre o idadismo, fomentar unha visión positiva sobre o envellecemento e impulsar o pensamento crítico e a participación activa dos mozos na redución de prexuízos cara as persoas maiores.
Na parte teórica abordaranse os prexuízos, estereotipos e discriminación relacionados coa idade a través de vídeos, así como as consecuencias do idadismo na saúde mental, o illamento social e a participación das persoas maiores na sociedade. Na parte práctica, realizarase un xogo de fichas baseado en metodoloxías activas de aprendizaxe, cuxo obxectivo é avaliar e mellorar as actitudes dos mozos cara o envellecemento.
 
Tipo: Obradoiro/Taller

Límites de desprazamento: Galicia

Materiais manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: precisa proxector de video para conectar un portátil e tablets ou móviles para a práctica. 

Persoa responsable: Rocío López López e colabora Ana García Herrero

Correo de contacto: rocio.lopez.lopez@udc.es

Ciencias Sociais e Xurídicas

Con esta charla preténdese concienciar á mocidade da importancia de usar as redes sociais con responsabilidade para garantir a protección dos seus dereitos fundamentais como a intimidade e a imaxe.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Propiedade intelectual: si

Persoa responsable: María E. Rovira Sueiro

Correo de contacto: maria.rovira@udc.es

O plan de negocio describe cómo unha empresa crea, subministra e captura valor: 
 
Modelo de Negocio
Avaliación Financeira
Plan de Marketing
Soporte Tecnolóxico
 
Tipo: Charla/conferencia Presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: Antonio García Lorenzo

Correo de contacto: antonio.garcia.lorenzo@udc.es

O obxectivo da actividade é que os/as rapaces/as se familiaricen cos termos estatísticos que están presentes na vida cotiá, para poder comprender así a súa utilidade práctica máis aló das aulas. A actividade ten un enfoque eminentemente práctico, con aplicacións reais e interacción co alumnado.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: Estefanía Mourelle Espasandín

Correo de contacto: estefania.mourelle@udc.es

O refrán “Vaca de moitos, ben muxida e mal mantida” resume perfectamente a situación dos bens comúns, rivais pero non excluíbles, nos que a sobreexplotación pode provocar o seu esgotamento. As solucións tradicionais foron a privatización ou a xestión pública, con exemplos tanto de éxito como de fracaso. Elinor Ostrom, primeira muller en recibir o Premio Nobel de Economía, documentou numerosos casos de éxito —e tamén de fracaso— da xestión comunal e identificou as características comúns destes casos. A exposición ilustrarase con numerosos exemplos procedentes do mundo dos cómics, especialmente de superhéroes.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Observacións adicionais: Precisa proxector e equipo de son

Persoa responsable: Manuel Alberto Gómez Suárez

Correo de contacto: manuel.gomez@udc.es

Neste charla faremos un percorrido polos premios Nobel de Economía, expoñendo brevemente as contribucións premiadas. Ademais, comentaremos curiosidades relacionadas cos propios premios e os premiados, e mostraremos como algunhas das súas contribucións tiveron un profundo impacto na vida real.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Observacións adicionais: Precisa proxector e equipo de son

Persoa responsable: Manuel Alberto Gómez Suárez

Correo de contacto: manuel.gomez@udc.es

Tratase de explicar como as cidades son a maior creación da humanidade porque potencian a innovación, a produtividade e a creatividade ao concentrar xente e ideas nun mesmo espazo.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: Jesús López Rodríguez

Correo de contacto: jesus.lopez.rodriguez@udc.es

Sabes que significan termos como cyberflashing, sextortion, deepfake ou upskirting? Todos eles describen condutas vinculadas á captación, manipulación e/ou difusión de imaxes íntimas sen consentimento, prácticas cada vez máis frecuentes nunha sociedade fortemente dixitalizada. Nesta charla, a cargo dunha profesora de Dereito penal, analizaranse estas condutas e os supostos nos que poden constituír delito. O obxectivo é promover, dende unha perspectiva de xénero, a concienciación do alumnado sobre a gravidade da violencia sexual baseada en imaxes e ofrecer ferramentas para previr este tipo de comportamentos.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Propiedade intelectual: si

Persoa responsable: Silvia Rodríguez López

Correo de contacto: s.rodriguezl@udc.es

Charla de 45-50 minutos que busca sensibilizar e formar sobre a crecente presenza do machismo e os discursos de odio en redes sociais e Internet.
 
Obxectivos principais:
 
-Identificar a machosfera: entender que é este ecosistema dixital e por qué atrae a xóvenes con promesas de "respostas" sinxelas, expoñendo cómo fomenta unha masculinidade tóxica e limitante.
 
-Recoñecer a manipulación: analizar cómo se utilizan ferramentas de violencia dixital, como usan as deepfakes e o ciberacoso para manipular a opinión e danar ás vítimas (especialmente mulleres e minorías).
 
-Fomentar a Acción: proporcionar ferramentas prácticas e efectivas (denunciar, bloquear, apoiar á vítima) para que o estudantado actúe como testemuña activa e se protexa, en lugar de ser espectador pasivo do odio.
 
O enfoque será cercano e crítico, priorizando a comprensión do impacto real destes discursos na vida online e offline dos xóvenes.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Persoa responsable: Ana María Neira Pena

Correo de contacto: ana,neira@udc.es

O masivo uso da Internet nos adolescentes produciu un indudable aumento de certos delitos: acoso, suplantación de identidade, contra a intimidade, pornografía... A charla será impartida por un profesor de Dereito Penal, quen lle explicará ó alumnado qué conductas son delictivas de entre as moitas que se poden realizar por medios dixitais (aparte de estratexias de prevención de seren vítimas de algún destes delitos). Enfócase a charla, ademais, con perspectiva de xénero, pois o tipo de delitos que sofren mulleres e homes na internet son moi distintos.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: José Antonio Ramos Vázquez

Correo de contacto: jose.ramos.vazquez@udc.es

De acordo cunha recente enquisa, a maior preocupación dos adolescentes españois é seren acusados falsamente dunha agresión sexual. Pola súa banda, as adolescentes mulleres teñen como maior preocupación que lles fagan un deepfake ou que lles filtren unhas imaxes sexuais. Iso demostra que hai algo profundamente conflictual na sexualidade que viven os nosos mozos e mozas, tanto no mundo real, coma no mundo de internet. Nesta actividade, impartida por un profesor de Dereito Penal, explicaranse diversos aspectos legais vencellados co exercicio da sexualidade e que poden ser de interese formativo para a mocidade cal é a idade de consentimento? podo enviar fotografías eróticas á miña parella? podo reenviar vídeos doutra persoa? podo ter relacións sexuais cun adulto sendo menor de idade? onde está a fronteira entre unha relación consentida e unha agresión sexual?, etc.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: José Antonio Ramos Vázquez

Correo de contacto: jose.ramos.vazquez@udc.es

Esta charla explora unha idea fundamental que cambiou a economía (tamén o dereito). Antes, asumíase que o mercado funcionaba sen friccións nin custos. Con todo, Ronald Coase demostrou que o acto de negociar e asegurar contratos ten un custo. Este concepto non só permitiu explicar por que existen as empresas e o seu tamaño, senon que sentou as bases para entender o deseño de organizacións, a estratexia empresarial e o dereito económico moderno. (Ronald Coase recibiu o premio Nobel de Economía, e hai quen di que se houbera un premio Nobel de Dereito tamén sería merecedor deste galardón. Non en vano, as súas aportacións deron orixe a un novo campo no dereito, que se coñece como "análise económica do dereito").

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: José López Rodríguez

Correo de contacto: jose.lopez.rodriguez@udc.es

Ao longo desta charla descubriremos por qué o modelo clásico que usa a ciencia económica coñecido como "homo economicus", un axente perfectamente racional fracasa en predecir os nosos comportamentos nalgunhas ocasións e, por tanto, non ten validez universal. As aportacións de Daniel Kahneman (premio Nobel de Economía) e Amos Tversky resultaron fundamentais para desenvolver modelos máis realistas e precisos do comportamento humano.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: José López Rodríguez

Correo de contacto: jose.lopez.rodriguez@udc.es

O turismo como fenómeno social e cultural, máis alá do lecer.
Casos de turismo sostible en Galicia e Europa.
Retos globais: cambio climático, inclusión, diversidade cultural.
Oportunidades de futuro profesional en turismo e ciencias sociais.
Obxectivo: Motivar ao alumnado a pensar no turismo como motor de cambio social e sector de empregabilidade.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña; Costa da Morte e Barbanza.

Persoa responsable: Iria Caamaño Franco

Correo de contacto: iria.caamano@udc.es

Unha charla que pode romper estereotipos e mostra a China real que eu vivín durante 12 anos, en diferentes cidades chinas, traballando como emprendedor, como profesor universitario e finalmente, como Director Xeral dunha Filial española.
 
Os temas a tratar:
 
• Cómo é a vida cotiá nas cidades chinas (transporte, comida, tecnoloxía, etc.)
• Qué valores culturais predominan (confucionismo, respecto, familia, etc.)
• Cousas sorprendentes como occidental.
• Qué diferenzas hai con Europa e España.
• Qué podemos aprender de China?
• Cómo me adaptei ao idioma e aos costumes locais.
• Qué me ensinou China sobre mí mesmo.
• As cousas que aínda cóstame entender.
• O papel de China no mundo actual.
• A súa relación con Europa, EE. UU. e África.
• Cómo ven os chinos aos occidentais.
• Breve historia da caligrafía china.
• Ceremonia do té e o seu significado.
• O simbolismo do dragón, a cor vermella, o número 8…
 
Útil para despertar curiosidade, desmontar prexuízos, fomentar empatía, tolerancia e pensamento global e incluso, para poder dar recomendacións para todo aquel occidental que desexe ir a vivir e traballar en China. Pódense establecer e abrir debates e estimular o pensamento crítico.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; Ferrol e contorna

Observacións adicionais: sala con ordenador e proxetor

Persoa responsable: Iván José Nieto Cerdeiriña

Correo de contacto: i.nieto@udc.es

Aprender cómo aforrar aplicando criterios de planificación na túa economía persoal e familiar co obxectivo de crear un nivel mínimo de aforros que facilite o sobrelevar algo mellor as épocas de crises.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: precísase sala con proxector e audio

Persoa responsable: Paulino Montes Solla

Correo de contacto: paulino.montes.solla@udc.es

Cómo aprender a distinguir se unhha información está baseada en datos e feitos contrastados e pode axudarte na túa economía persoal, ou é simplemente un bulo que busca captar a túa atención para conseguir algo de ti.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento:  Galicia

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: precísase sala con proxector e audio

Persoa responsable: Paulino Montes Solla

Correo de contacto: paulino.montes.solla@udc.es

Na actualidade, as cidades desempeñan un papel moi importante como centro de actividade económica, social e cultural, chegando ata o punto de competir unhas con outras. En virtude disto, o marketing territorial é unha disciplina que se centra en xestionar e promover territorios, sexan estos cidades, rexións ou países. Con esta charla analizaremos a importancia do marketing para unha determinada cidade ou rexión.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Ferrol e contorna; A Coruña e contorna

Materias manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Especial protección: si

Persoa responsable: Javier Orosa González e Joaquín Enríquez Díaz

Correo de contacto: javier.orosa@udc.es

A política pode ser analizada como un mercado no que interactúan demanda e oferta. Por unha banda, o electorado presenta necesidades de gobernanza que deben ser satisfeitas. Ademais, deben comunicar esas propostas da xeito máis eficaz posible. Tendo isto en conta propoñemos realizar unha análise divulgativa na que os presentes tamén sexan partícipes.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Ferrol e contorna; A Coruña e contorna

Materias manipulados polo público: si

Propiedade intelectual: si

Especial protección: si

Persoa responsable: Javier Orosa González e Joaquín Enríquez Díaz

Correo de contacto: javier.orosa@udc.es

Nas ciencias da actividade física e do deporte abordamos a avaliación da condición física mediante o uso de diferentes probas e recursos tecnolóxicos que fan uso dalgúns dos principios físicos, matemáticos e bioquímicos que forman parte do currículo de secundaria e bacharelato. O principal obxectivo deste obradoiro é aproximar algún destes procedementos ao estudantado e ao mesmo tempo transmitirlles as bases científicas que os sustentan. Ó longo da sesións o estudantado experimentará con diferentes dispositivos de medición e coñecerá, entre outras cuestións: os principios da física nos que se bassea a avaliación do equilibrio mediante unha plataforma de forza ou a valoración da potencia das extremidades inferiores mediante a estimación da altura dun salto vertical medida por unha plataforma de contactos; cómo a resistividade e a condutancia do corpo ao paso dunha corrente eléctrica permiten avaliar a composición corporal a través dun impedenciómetro; os cálculos matemáticos empregados por un pulsómetro para medir a frecuencia cardíaca ; ou cómo a bioquímica nos permiten, a través das medición do lactato no sangue ou dos gases expirados, coñecer cómo se produce o ATP dentro das células musculares que realizan un exercicio físico.

Tipo: Obradoiro/Taller

Límites de desprazamento: Ferrol e contorna; A Coruña e contorna

Materias manipulados polo público: si

Persoa responsable: Eliseo Iglesias Soler e colaboran: Manuel Avelino Giráldez García, Jessica Rial Vázquez, Iván Nine Sieira e Borja Revuelta Lera.

Correo de contacto: eliseo.iglesias.soler@udc.es

Se trata de expoñer como se orixinou e funciona o mercado de valores (a Bolsa).

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: Félix Puime Guillén

Correo de contacto: felix.puime@udc.es

Charla informativa ao estudantado de ESO, Bacharelato e FP de cara á concienciación da importancia da integridade académica nos centros educativos. Resulta necesario proporcionar ao estudantado as ferramentas para relacionarse e vivir en sociedade baixo os principios éticos de respecto, equidade, xustiza, integridade, honestidade, lealdade, coherencia, responsabilidade, ... como método de aprendizaxe e de comprensión do respecto cara ás demais persoas, ademais de como método de traballo e de seguridade. Considérase importante ofrecer unha formación en integridade académica aos/ás discentes, ao ser un medio de trasmisión de valores que o estudantado debería ter na configuración da súa persoa como cidadán, sendo necesario instaurar medidas para evitar situacións de deshonestidade e plaxio, así como un seguimento que favoreza o clima e ambiente de estudo, ademáis de inculcarlles valores dos que non son conscientes ou que carecen deles.
A charla tería catro partes clave; as dúas primeiras de carácter máis maxistral e as dúas segundas cun maior carácter interactivo e participativo:
1. Entendemento do concepto de integridade académica e das competencias a adquirir mediante os estudos realizados: falla de decoro, aproveitamento das oportunidades para enganar ás demais persoas ou a un/ha mesmo/a, malas condutas, agresividade, danos materiais, físicos e psicolóxicos.
2. Concienciación sobre tipos de condutas deshonestas que atentan contra a integridade académica:
a. Empregar chuletas; empregar dispositivos tecnolóxicos para copiar, copiar de compañeiros/as en exames; permitir que me copien, negar ter copiado no momento no que se está a copiar, compartir en Internet un exame; vender ou comprar un exame ou traballo, …
b. Utilizar un pretexto falso para pedir atrasar un exame ou a entrega dun traballo académico; utilizar unha excusa falsa para xustificar a non asistencia a clase; inventar problemas personais para que o/a profesor/a modifique a cualificación da avaliación, …
c. Facer un traballo a partir de fragmentos copiados literalmente; descargar traballos completos de Internet e entregalos como propios; incluir fotografías, imaxes, vídeos, etc. nun traballo sen pedir autorización para o seu uso, …
d. Falsificar documentos académicos (certificados de notas, etc.); omitir a comunicación ao profesorado de casos de fraude cometidos, ...
e. Incluir a un/unha compañeiro/a nun traballo no que non participou na súa elaboración; facer un traballo individual con outros/as; negarse a cooperar nun traballo en equipo, …
f. Menosprezar as achegas dun/dunha compañeiro/a nun traballo; danar o material de traballo dos/as compañeiros/as; interferir na realización das actividades académicas dos/as compañeiros/as, …
g. …
3. Identificación e reflexión acerca dos principais problemas e consecuencias que se dan con respecto á integridade académica nos centros educativos:
a. Existe esta problemática nos centros educativos? O estudantado coñece esta problemática? Realmente é considerado como un problema para o estudantado?
b. Que tipo de traballos se realizan? Facilítanse pautas para realizar os traballos? Búscase a información dun modo axeitado?, ónde, cómo, con capacidade crítica, ...?
c. Cométese este tipo de accións e que motivos levan a cometelas?
d. Que consecuencias danse a nivel persoal e académico?
4. Reflexión acerca de cáles son as medidas que se porían en marcha co obxectivo de non cometer actos deshonestos.
a. Cales son as medidas que se poderían por en marcha a título individual e grupal co fin de minimizar este tipo de accións?
b. Sobre que aspectos gustaríache cursar un taller relacionado?
 
Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia de Lugo e Ourense

Observacións adicionais: a partir do mes de febreiro de 2026, martes, mércores e xoves en horario de mañá.

Persoa responsable: Rocío Chao Fernández e colabora Vicente Castro Alonso

Correo de contacto: rocio.chao@udc.es

As redes sociais e os entornos dixitais abriron novas posibilidades de comunicación, expresión, xeración de comunidade e, incluso, formas de activismo, pero tamén ampliaron o alcance das violencias de xénero e as discriminacións LGBTIfóbicas. Esta charla analiza as formas específicas que adopta o ciberacoso machista e LGTBIfóbico, os sus efectos nas vítimas, e os mecanismos sociais, culturais e tecnolóxicos que o sosteñen. 
 
A partir de casos recentes e datos de investigación, discutiranse as dinámicas de acoso, o uso do anonimato e os algoritmos, e o impacto do discurso de odio en comunidades vulnerabilizadas. Esta sesión busca ofrecer ferramentas para a detección, prevención e resposta, desde unha perspectiva feminista, inteseccional e de dereitos dixitais.
 
Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Persoa responsable: Ana María Amigo Ventureira

Correo de contacto: ana.amigo@udc.es

Taller no que o estudantado de Educación Secundaria Obligatoria e/ou Bacharelato experimenten co concepto de creatividade artística aplicada á música, a través de exercicios compositivos accesibles, sen necesidade de coñecementos previos. Destácase como a creación artística non está reservada só a profesionais, senon que é unha capacidade innata que pode desenvolverse en todos.
O obxectivo é inspirar ao estudantado a pensar na creatividade como unha ferramenta de desenvolvemento persoal e profesional máis aló da aula. No devandito proceso, establécese unha reflexión acerca do papel que ocupa a creatividade nas súas vidas e de cómo perciben a música na súa cotiandade.
O cariz da proposta adquire un compoñente interdisciplinar con diversas áreas como Educación Plástica, Visual e Audiovisual, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Educación Física, Tecnoloxía e Dixitalización, Educación en Valores Cívicos e Éticos ou Educación Dixital.
Estructúrase do seguinte modo:
1. Introdución ao concepto de creatividade accesible.
2. Taller “Soundpainting”: improvisación grupal en tempo real a través da linguaxe de sinos.
3. Taller “Insta-Stories”: recreación sonora en pequeno grupo da narrativa e dos paisaxes sonoros incluidos en historias de Instagram proporcionadas.
4. Reflexión sobre a creatividade e o papel que ocupa na súa vida.
En última instancia, con esta proposta perseguimos que o estudantado pense críticamente sobre os modelos educativos baseándose nos retos contemporáneos percibidos, procurando unha transferencia aos procesos de formación do profesorado nas universidades.
 
Tipo: Obradoiro/Taller

Límites de desprazamento: provincia da Coruña e provincia de  Lugo

Observacións adicionais: A partir do mes de febreiro de 2025 preferiblemente martes, mércores e xoves en horario de mañá. 

Persoa responsable: Rocío Chao Fernández e colabora Vicente Castro Alonso

Correo de contacto: rocio.chao@udc.es

Nesta charla analízase o mundo da televisión, concretamente se o tradicionalmente chamado medio rei está sendo superado por outras plataformas como Twitch ou YouTube. Explicamos como se mide a audiencia e como se sabe quen está vendo os programas de televisión. Se reflexionará tamén sobre a intervención das redes sociais (Tik Tok ou Instagram) na difusión de contidos televisivos.

Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; Ourense

Persoa responsable: Ana González Neira e colabora Natalia Quintas Froufe

Correo de contacto: ana.gneira@udc.es

Charla informativa ao estudantado de ESO, Bacharelato e FP de cara á concienciación da importancia da integridade académica nos centros educativos. Resulta necesario proporcionar ao estudantado as ferramentas para relacionarse e vivir en sociedade baixo os principios éticos de respecto, equidade, xustiza, integridade, honestidade, lealdade, coherencia, responsabilidade, ... como método de aprendizaxe e de comprensión do respecto cara ás demais persoas, ademais de como método de traballo e de seguridade. Considérase importante ofrecer unha formación en integridade académica aos/ás discentes, ao ser un medio de trasmisión de valores que o estudantado debería ter na configuración da súa persoa como cidadán, sendo necesario instaurar medidas para evitar situacións de deshonestidade e plaxio, así como un seguimento que favoreza o clima e ambiente de estudo, ademáis de inculcarlles valores dos que non son conscientes ou que carecen deles.
A charla tería catro partes clave; as dúas primeiras de carácter máis maxistral e as dúas segundas cun maior carácter interactivo e participativo:
1. Entendemento do concepto de integridade académica e das competencias a adquirir mediante os estudos realizados: falla de decoro, aproveitamento das oportunidades para enganar ás demais persoas ou a un/ha mesmo/a, malas condutas, agresividade, danos materiais, físicos e psicolóxicos.
2. Concienciación sobre tipos de condutas deshonestas que atentan contra a integridade académica:
a. Empregar chuletas; empregar dispositivos tecnolóxicos para copiar, copiar de compañeiros/as en exames; permitir que me copien, negar ter copiado no momento no que se está a copiar, compartir en Internet un exame; vender ou comprar un exame ou traballo, …
b. Utilizar un pretexto falso para pedir atrasar un exame ou a entrega dun traballo académico; utilizar unha excusa falsa para xustificar a non asistencia a clase; inventar problemas personais para que o/a profesor/a modifique a cualificación da avaliación, …
c. Facer un traballo a partir de fragmentos copiados literalmente; descargar traballos completos de Internet e entregalos como propios; incluir fotografías, imaxes, vídeos, etc. nun traballo sen pedir autorización para o seu uso, …
d. Falsificar documentos académicos (certificados de notas, etc.); omitir a comunicación ao profesorado de casos de fraude cometidos, ...
e. Incluir a un/unha compañeiro/a nun traballo no que non participou na súa elaboración; facer un traballo individual con outros/as; negarse a cooperar nun traballo en equipo, …
f. Menosprezar as achegas dun/dunha compañeiro/a nun traballo; danar o material de traballo dos/as compañeiros/as; interferir na realización das actividades académicas dos/as compañeiros/as, …
g. …
3. Identificación e reflexión acerca dos principais problemas e consecuencias que se dan con respecto á integridade académica nos centros educativos:
a. Existe esta problemática nos centros educativos? O estudantado coñece esta problemática? Realmente é considerado como un problema para o estudantado?
b. Que tipo de traballos se realizan? Facilítanse pautas para realizar os traballos? Búscase a información dun modo axeitado?, ónde, cómo, con capacidade crítica, ...?
c. Cométese este tipo de accións e que motivos levan a cometelas?
d. Que consecuencias danse a nivel persoal e académico?
4. Reflexión acerca de cáles son as medidas que se porían en marcha co obxectivo de non cometer actos deshonestos.
a. Cales son as medidas que se poderían por en marcha a título individual e grupal co fin de minimizar este tipo de accións?
b. Sobre que aspectos gustaríache cursar un taller relacionado?
 
Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña (excepto cidade da Coruña); Ferrol e contorna; Pontevedra

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: a partir do mes de febreiro de 2026, martes e xoves en horario de mañá. Precísase pantalla e proxector para presentación en powerpoint

Persoa responsable: Eva María Espiñeira Bellon e colabora Nicolás López Jar

Correo de contacto: eva.espineira@udc.es

Esta charla explora a transexualidade desde unha perspectiva científica, desmontando mitos e proporcionando información baseada na evidencia. Abordaremos que é a identidade de xénero, como se diferencia da orientación sexual e do sexo biolóxico, e que nos di a neurociencia actual sobre as bases biolóxicas da incongruencia de xénero.

Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Persoa responsable: Rosa María Fernández García

Correo de contacto: rosa.fernandez@udc.es

Charla informativa ao estudantado de ESO, Bacharelato e FP de cara á concienciación da importancia da integridade académica nos centros educativos. Resulta necesario proporcionar ao estudantado as ferramentas para relacionarse e vivir en sociedade baixo os principios éticos de respecto, equidade, xustiza, integridade, honestidade, lealdade, coherencia, responsabilidade, ... como método de aprendizaxe e de comprensión do respecto cara ás demais persoas, ademais de como método de traballo e de seguridade. Considérase importante ofrecer unha formación en integridade académica aos/ás discentes, ao ser un medio de trasmisión de valores que o estudantado debería ter na configuración da súa persoa como cidadán, sendo necesario instaurar medidas para evitar situacións de deshonestidade e plaxio, así como un seguimento que favoreza o clima e ambiente de estudo, ademáis de inculcarlles valores dos que non son conscientes ou que carecen deles.
A charla tería catro partes clave; as dúas primeiras de carácter máis maxistral e as dúas segundas cun maior carácter interactivo e participativo:
1. Entendemento do concepto de integridade académica e das competencias a adquirir mediante os estudos realizados: falla de decoro, aproveitamento das oportunidades para enganar ás demais persoas ou a un/ha mesmo/a, malas condutas, agresividade, danos materiais, físicos e psicolóxicos.
2. Concienciación sobre tipos de condutas deshonestas que atentan contra a integridade académica:
a. Empregar chuletas; empregar dispositivos tecnolóxicos para copiar, copiar de compañeiros/as en exames; permitir que me copien, negar ter copiado no momento no que se está a copiar, compartir en Internet un exame; vender ou comprar un exame ou traballo, …
b. Utilizar un pretexto falso para pedir atrasar un exame ou a entrega dun traballo académico; utilizar unha excusa falsa para xustificar a non asistencia a clase; inventar problemas personais para que o/a profesor/a modifique a cualificación da avaliación, …
c. Facer un traballo a partir de fragmentos copiados literalmente; descargar traballos completos de Internet e entregalos como propios; incluir fotografías, imaxes, vídeos, etc. nun traballo sen pedir autorización para o seu uso, …
d. Falsificar documentos académicos (certificados de notas, etc.); omitir a comunicación ao profesorado de casos de fraude cometidos, ...
e. Incluir a un/unha compañeiro/a nun traballo no que non participou na súa elaboración; facer un traballo individual con outros/as; negarse a cooperar nun traballo en equipo, …
f. Menosprezar as achegas dun/dunha compañeiro/a nun traballo; danar o material de traballo dos/as compañeiros/as; interferir na realización das actividades académicas dos/as compañeiros/as, …
g. …
3. Identificación e reflexión acerca dos principais problemas e consecuencias que se dan con respecto á integridade académica nos centros educativos:
a. Existe esta problemática nos centros educativos? O estudantado coñece esta problemática? Realmente é considerado como un problema para o estudantado?
b. Que tipo de traballos se realizan? Facilítanse pautas para realizar os traballos? Búscase a información dun modo axeitado?, ónde, cómo, con capacidade crítica, ...?
c. Cométese este tipo de accións e que motivos levan a cometelas?
d. Que consecuencias danse a nivel persoal e académico?
4. Reflexión acerca de cáles son as medidas que se porían en marcha co obxectivo de non cometer actos deshonestos.
a. Cales son as medidas que se poderían por en marcha a título individual e grupal co fin de minimizar este tipo de accións?
b. Sobre que aspectos gustaríache cursar un taller relacionado?
 
Tipo: Charla/Conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña cidade

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: a partir do mes de febreiro de 2026.

Persoa responsable: Jesús Miguel Muñoz Cantero e colabora Mª Cristina Pérez Crego

Correo de contacto: jesus.miguel.munoz@udc.es

Enxeñaría e Arquitectura

As bases do método científico son a observación sistemática, medición, experimentación e formulación, análise e modificación de hipóteses. Mais, que ocorre cando queremos estudiar fenómenos nos que non podemos realizar experimentos? Imaxinemos o caso no que non podamos acceder ao lugar do fenómeno, como por exemplo estudio do proceso de formación de galaxias moi lonxanas, a colisión de planetas... Como estudar as correntes de plasma na superficie do Sol? Ou mesmo na Terra, como medir a velocidade do vento dun tornado? Como predicir o tempo que fará mañá? Sería posible coñecer os efectos dun tsunami que ocorreu hai mil anos?
Nesta charla falaremos de como a utilización dos ordenadores pode permitir o uso do método científico a calquera tipo de fenómeno físico. Ademais, explicaremos os conceptos básicos da enxeñería computacional e mostraremos que o uso de modelos virtuais pode utilizarse para practicamente todos os campos científicos (ou non tan científicos, coma o caso dos videoxogos).
 
Tipo: Charla/conferencia Presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Observacións adicionais: Precisa proxector e unha conexión HDMI para un portátil.

Persoa responsable: Xesús Antón Nogueira Garea

Correo de contacto: xesus.nogueira@udc.es

Nesta microcharla presentarase unha visión global dos avances en predición persoalizada de crecemento de tumores e a súa resposta terapéutica mediante modelos matemáticos informados por imaxe médica e biomarcadores clínicos. Estes modelos sentan as bases cara o deseño de xemelgos dixitais do tumor de cada paciente, que permitirán no futuro opitimizar de forma persoalizada a xestión clínica da enfermidade e conseguir así unha mellor supervivencia e calidade de vida para os pacientes.

Tipo: Charla/conferencia Presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Propiedade intelectual: si

Observacións adicionais: Precisa proxector

Persoa responsable: Guillermo Lorenzo Gómez

Correo de contacto: guillermo.lorenzo@udc.es

Nesta charla veremos que poden lograr os computadores cuánticos e cales son as súas limitacións, descubriremos as claves desta tecnoloxía e o seu incrible potencial, remarcando as súas diferencias cos computadores convencionais.

Tipo: Charla/conferencia Presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Persoa responsable: María José Martín Santamaría

Correo de contacto: maria.martin.santamaria@udc.es

Explicar ao estudantado as diferentes funcionalidades (procesos, vantaxas e inconvenientes) que se poidan levar a cabo coa tecnoloxía RFID (Identificación por Radiofrecuencia) en distintos entornos (educación, sanidade, seguridade, ocio, etc.).

Tipo: Charla/conferencia Presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Propiedade intelectual: Si

Observacións adicionais: A charla pódese impartir tamén online

Persoa responsable: María Martínez Pérez

Correo de contacto: maria.martinez@udc.es

Os tempos cambian para todo, incluída a explicación do ciclo da auga clásica. Sí, é verdade que a maioría dos procesos naturais son os mesmos, pero atendendo aos escenarios de urbanización e cambio climático, cobra unha maior importancia entender como se comporta o ciclo da auga nas áreas urbanas, xa que diso dependen fenómenos como as inundación ou eventos de contaminación. A idea da actividade é explicar os procesos relacionados coa auga que nos rodean no día a día, como por exemplo: De onde ven a auga da billa? A onde vai despois de usala? Pódese tirar calquera cousa polo váter? Estamos protexidos frente as inundacións das vilas e cidades? A actividade plantéxase como unha charla de carácter científico-técnico, tamén coa idea de alentar vocacións tecnolóxicas relacionadas coa auga. Inclúe algún xogo e pequenas demostracións que non requiren especial protección.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Materiais manipulables polo público: sí

Persoa responsable: Manuel Alberto Regueiro Picallo

Correo de contacto: manuel.regueiro1@udc.es

Nesta charla reflexionaremos sobre o impacto dos sesgos de xénero nos algoritmos e tecnoloxías de Intelixencia Artificial. Veremos como a tecnoloxía pode potenciar os sesgos que xa existen na sociedade, perpetuando estereotipos de xénero, e contribuindo a aumentar o seu impacto.
Discutiranse as fontes destes sesgos, analizaranse casos específicos onde os algortimos perpetuaron estereotipos de xénero, levando a situación de discriminación e desigualdade. O obxectivo é sensibilizar sobre a importancia de construír unha IA xusta e equitativa.
 
Tipo: Charla/conferencia presencial ou en liña

Límites de desprazamento: Coruña e contorna. Resto de Galicia, charla en liña

Propiedade intelectual: si

Persoa responsable: Beatriz Pérez Sánchez

Correo de contacto: beatriz.perezs@udc.es

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Persoa responsable: José Ramón Paramá Gabía

Correo de contacto: jose.parama@udc.es

O obxectivo é sensibilizar ao alumnado de ESO e Bacharelato sobre a importancia deste recurso esencial. Durante a sesión trataranse aspectos básicos do ciclo da auga, os principais factores que inciden na súa calidade, os parámetros físico-químicos e microbiolóxicos utilizados na súa avaliación, así como os procedementos de mostraxe e análise empregados no seu estudo.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: Ana María Vázquez González

Correo de contacto: avazquez@udc.es

Repaso dos tipos de ciberacoso. O seu impacto, evolución e consecuencias. Uso de técnicas de intelixencia artificial para a sua detección. Traballos e proxectos relevantes, neste ámbito, para detección de depresión, misoxínea e xenofóbia.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: provincia da Coruña

Persoa responsable: Víctor Manuel Carneiro Díaz

Correo de contacto: victor.carneiro@udc.es

Introducirase o concepto de computación de altas prestacións motivándoo e explicacando os seus aspectos básicos. Tamén veremos exemplos de supercomputadores e exemplificaremos os moitos usos que teñen en practicamente todos os campos (mediciña, investigación básica, seguridade,...).

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna; Ferrol e contorna.

Persoa responsable: Patricia González Gómez e colabora Basilio Fraguela Rodríguez.

Correo de contacto: patricia.gonzalez@udc.es

Preséntanse novos materiais compostos baseados en polímeros reforzados con fibra dispoñibles para as estruturas de edificación e enxeñaría civil. Para poder comprender mellor o seu funcionamento, faise una pequena introdución á mecánica dos materiais, que inclúe a realización de ensaios mecánicos con una máquina portátil que achega o conferenciante.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Materiais manipulables polo público: si

Persoa responsable: Manuel Francisco Herrador Barrios

Correo de contacto: manuel.herrador@udc.es

Empregando exemplos do cine de catástrofes, ilústranse algúns conceptos da Física que xa se estudara en ESO ou bacharelato. Poderemos ver que escenas de cine teñen sentido e cales non. Ademais, utilízanse conceptos coñecidos para entender mellor o comportamento de algunhas estruturas de enxeñaría civil como as pontes, as presas ou as estruturas antisísmicas.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: Manuel Francisco Herrador Barrios

Correo de contacto: manuel.herrador@udc.es

Dirixida aos alumnos de bacharelato, nesta charla introdúcese o concepto de nanotecnoloxía e nanomaterial e preséntanse as súas aplicacións, reais e potenciais, nos campos da enxeñaría civil e da edificación.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: Manuel Francisco Herrador Barrios

Correo de contacto: manuel.herrador@udc.es

Nesta charla, de forma dinámica e contando coa colaboración dos estudantes, analízanse unha serie de casos obtidos de xornais e da web, para ver se determinadas noticias ou produtos milagre presentados como veraces o son en realidade. Móstranse tamén unha serie de ferramentas para verificar a información.

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: Galicia

Persoa responsable: Manuel Francisco Herrador Barrios

Correo de contacto: manuel.herrador@udc.es

Unha charla na que se explica que é a simulación numérica, a súas orixes e algunhas das súas moitas aplicacións. 

Tipo: Charla/conferencia presencial

Límites de desprazamento: A Coruña e contorna

Observacións adicionais: precísase de proxector

Persoa responsable: Raquel Taboada Vázquez

Correo de contacto: raquel.taboada@udc.es