Cupos especiais de acceso

1. Establécese unha reserva do 5 % das prazas ofertadas para estudos de máster para o estudantado que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, así como para aquel estudantado con necesidades educativas especiais permanentes asociadas ás condicións persoais de discapacidade, que durante a súa escolarización anterior precisase de recursos e apoio para a súa plena normalización educativa.

Cando en aplicación da porcentaxe de reserva indicada non se obteña un número enteiro de prazas, procederase ao seu redondeo ao número enteiro máis próximo e, no caso de igualdade, ao superior; en todo caso, garantirase un mínimo dunha praza.

2. O estudantado deberá acreditar esa condición no momento de efectuar a preinscrición, mediante un certificado oficial de cualificación e recoñecemento do grao de discapacidade, expedido polo órgano competente da comunidade autónoma.

3. A ordenación e adxudicación das prazas reservadas realizarase atendendo aos criterios de valoración que sexan de aplicación a cada máster.

4. As prazas obxecto de reserva que queden sen cubrir no prazo anticipado acumularanse ás que se oferten no prazo ordinario e as que queden sen cubrir tras o prazo ordinario ofertaranse no prazo extraordinario. Se neste prazo extraordinario non hai solicitudes deste colectivo, ou as existentes non cobren todas as prazas dispoñibles, as prazas sobrantes acumularanse á oferta xeral.

1. De conformidade co disposto pola Xunta de Galicia, establécese unha reserva do 3 % das prazas ofertadas para estudos de máster para o estudantado que acredite a condición de deportista de alto nivel e reúna os requisitos académicos correspondentes.

Cando en aplicación da porcentaxe de reserva indicada non se obteña un número enteiro de prazas, procederase ao seu redondeo ao número enteiro máis próximo e, no caso de igualdade, ao superior; en todo caso, garantirase un mínimo dunha praza.

2. A ordenación e adxudicación das prazas reservadas realizarase atendendo aos criterios de valoración que sexan de aplicación a cada máster.

3. As prazas obxecto de reserva que queden sen cubrir no prazo anticipado acumularanse ás que se oferten no prazo ordinario e as que queden sen cubrir tras o prazo ordinario ofertaranse no prazo extraordinario. Se neste prazo extraordinario non hai solicitudes deste colectivo, ou as existentes non cobren todas as prazas dispoñibles, as prazas sobrantes acumularanse á oferta xeral.