É un evento de homenaxe ao estudantado con mellores expedientes Galicia ABAU 2024 e aos seus centros educativos.
Venres 21 de xuño de 2024 · no Coliseum da Coruña · das 11:30 h ás 14:15 h
Por primeira vez a Universidade da Coruña é a encargada de organizar este evento en colaboración coas outras dúas universidades públicas galegas e a consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O estudantado premiado e unha persoa representante do seu centro, terán asentos reservados na pista (foso). Desde alí convidarémolos a subir ao escenario para celebrar e homenaxear o éxito do estudantado e do seu centro.
Cada persoa premiada poderá vir con acompañantes, que serán acomodados nas bancadas do recinto.
Retrasmitirase en grandes pantallas e realizarase unha ampla reportaxe fotográfica profesional.
Para lembrar ese día habilitarase un photocall na entrada do recinto. Nel o alumnado homenaxeado e a persoa responsable do seu centro poderán ser retratados polo noso equipo profesional desde as 9:30 ata 11:00 horas. O día do evento, poderanse buscar e descargar as fotos da galería de imaxes desta páxina.
Rematado o acto, as persoas acompañantes e as homenaxeadas terán a súa disposición o photocall para facer fotografías polos seus propios medios (cámaras, móbiles).
A partir do próximo día 13 de xuño remitiranse correos personalizados ao estudantado premiado e aos seus centros coas instrucións para a súa inscrición no acto e información sobre o seu desenvolvemento.
Información: megabau@udc.gal (correo oficial do evento)
Teléfono para dúbidas: 881 01 1076 en horario de 09:00 a 14:00 h
No acto acompañaranos as persoas achegadas que nos indiquen os estudantes, xunto con outras persoas do equipo do centro que mostren o seu interese en gozar desta ben merecida homenaxe polo traballo sobresaínte desenvolvido.
No Coliseum (Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña) utilizaranse os seguintes accesos:
09:30 h a 11:00 h Recepción de persoas e centros homenaxeados, con acceso ao photocall do evento
11:30 h Benvida polas autoridades
12:00 h Subida ao escenario dos/das estudantes premiados/das xunto cos seus Centros e actuación musical
14:10 h Peche do acto polas autoridades
Desde o peche do acto ata as 15:00 h o photocall quedará a libre disposición dos/das asistentes
Photocall
Xerais - Acto