Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XL — memoria 2024 convocatoria de formación de profesorado nas novas titulacións e outra de mobilidade nacional. n COOPERACIÓN E VOLUNTARIADO A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) cons- trúe cidadanía crítica mediante un amplo programa de accións formativas e de sensibilización. Traballa a prol dos dereitos humanos e a xustiza social a través dunha convocatoria de educación para o desenvolvemento e coordinando 20 proxectos propios de voluntariado no eido sanitario, da sensibilización, da diversidade fun- cional, de maiores, en penitenciarías, de inmigración e de menores con 102 estudantes participantes. Ade- mais disto, promociona a metodoloxía de aprendizaxe- servizo entre a comunidade universitaria. No ano 2024, participaron un total de 2 116 estudantes en proxectos avaliados pola comisión de Aprendizaxe e Servizo. A OCV ofertou este ano 14 bolsas para persoas re- fuxiadas, en situación de protección internacional ou que proceden de países que reciben axuda oficial ao desenvolvemento, para que continúen ou inicien os seus estudos superiores na UDC. Nesta liña, tamén favorecemos os encontros virtuais entre alumnado da Universidade Autónoma de Honduras e da UDC para o intercambio de coñecemento. Facilita o coñecemento doutras realidades a través de bolsas no eido da cooperación ao desenvolvemento, neste ano 2024 foron 7 alumnas e 2 PDI as persoas que se desprazaron ao terreo. Por outra banda, lidera o tra- ballo de elaboración dunha estratexia común na UDC para a execución da Axenda 2030 e a consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible, para o que nos reunimos cos diferentes servizos da UDC. En canto á formación, cómpre unha mención singular para as diferentes xornadas de sensibilización e for- mativas en materia de inmigración, persoas refuxia- das, persoas sen fogar ou educación para o desenvol- vemento etc., que se levan a cabo ao longo do ano e nas que participaron 222 persoas, ademais dos cursos propios de formación para o voluntariado de nova incorporación. Ricardo Cao Abad Reitor da Universidade da Coruña
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==