Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

— XXXIX — Introdución O programa evolucionou de xeito moi positivo nos últimos anos, reforzándose de xeito importante tanto en medios como en visibilidade a través dunha nova páxina web, de tal maneira que non houbo lista de espera e todas as citas foron atendidas nun período inferior a 10 días. O perfil das persoas atendidas foi dun 96 % estudantado, 2 % PDI e 2 % PTXAS. A maior parte das persoas atendidas amosaron un perfil de an- siedade clínica relacionada con algunha situación de crise. Cabe salientar que nesta anualidade se puxeron en marcha uns obradoiros psicoeducativos dirixidos a toda a comunidade universitaria onde se traballaron temas como a xestión da ansiedade, as relacións tóxi- cas ou os primeiros auxilios en saúde mental. Tamén se puxo en marcha unha breve guía de actuación á que se pode acceder desde a páxina web de Afron- temos e que nos permite saber como actuar cando detectemos unha situación de crise ou emerxencia nunha persoa do noso contorno. O título propio “Espazo Compartido: autonomía e empregabilidade para persoas con discapacidade intelectual” desenvolveu no curso 2023/24 o seu nivel inicial. Esta promoción estivo formada por 16 estudantes que cursaron as materias teóricas e prác- ticas do título e ademais participaron en materias im- partidas noutros títulos oficiais da Universidade da Coruña. O alumando realizou as prácticas formativas en diferentes facultades e centros de investigación dos campus da Universidade da Coruña. Tamén se realizou un intercambio co programa homólogo (Uni- Diversidad) da Universidade de Salamanca e recibiu- se unha visita do alumnado do mesmo programa da Universidade Miguel Hernández de Elche. Así mes- mo, levouse a cabo a segunda edición do Campus de Verano “Gallaecia: más que compartir…convivir” para persoas con discapacidade intelectual e/ou trastorno do espectro autista. No curso 2024/25 es- tase a desenvolver o nivel avanzado do título. A Clínica Xurídica Xustiza Social forma parte da rede de Clínicas Xurídicas españolas, formada por 22 uni- versidades. Trátase de espazos universitarios en que se lle ofrece ao estudantado a posibilidade de traba- llar en casos reais poñendo os seus coñecementos ao servizo de persoas en situación vulnerable. Así, en 2024 participaron 4 estudantes no proxecto co cárcere de Teixeiro, 4 estudantes no proxecto con Cáritas, 2 persoas na colaboración co consorcio das Mariñas e 1 na Fundación Paideia. n CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL O Campus Industrial de Ferrol, primeiro campus de es- pecialización do Sistema Universitario Galego renovou a súa especialización por un período de 4 anos que abranguen desde marzo de 2024 ata marzo de 2028. Así acadou un financiamento de 6,6 millóns de euros para este período que permitirá seguir traballando en distintas accións nos eidos de investigación, transfe- rencia, docencia, internacionalización, comunicación e gobernanza dentro das súas liñas estratéxicas. Así, no eido da investigación financiouse a contra- tación de 2 investigadores predoctorais e 2 posdoc- torais que se sumaron aos 4 contratos posdoctorais e 10 predoctorais vixentes neste momento. Convo- cáronse axudas para publicacións en aberto, bolsas de verán e financiáronse 14 solicitudes de equipa- mento científico. Tamén se financiou a estadía de 8 investigadores estranxeiros. No eido da transferen- cia organizáronse distintas xornadas con empresa, a destacar a xornada de moda, a de videoxogos e o Hackathon Navantia NexPioneers que celebrou a súa cuarta edición. Tamén se celebrou unha Feira de empresas á que acudiron máis de 40 empresas. Na parte de internacionalización financiáronse 9 mobili- dades de persoal investigador e 9 becas presenciais e 2 en liña para cursar distintos másteres do campus. En referencia á docencia, financiáronse 46 semina- rios especializados impartidos por profesionais da industria nas distintas titulacións e publicáronse unha

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==