Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro

—XXXVIII— memoria 2024 sobre Dinamización Lingüística, Traballando en Lin- gua nas Redes Sociais que organizou este servizo en colaboración co Concello de Carballo e con finan- ciamento da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. Este curso centrouse en fomentar e analizar o uso da lingua a través das redes sociais e nas ferra- mentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos derivados do binomio sociedade e tecnoloxías. Facilitou axudas económicas. En xullo de 2024 pu- blicou a Convocatoria de axudas á investigación en lingua galega (teses de doutoramento, traballos de fin de máster (TFM) e traballos de fin de grao (TFG). As axudas a que se refire, tanto económicas como de asesoramento, son para redactar e defender en lin- gua galega teses de doutoramento, traballos de fin de máster e traballos de fin de grao. Accederon 116 estudantes de TFG, 32 estudantes de traballo de fin de máster, mais unicamente unha persoa solicitou a axuda por defender nesta lingua a tese de doutora- mento, neste caso do ámbito do dereito. Realizouse o traballo de campo para o estudo sobre o coñecemento e uso do galego na UDC (estudo so- ciolingüístico) Comparativo 2005-2025. Para o cal se levaron a cabo arredor de 1300 enquisas na comuni- dade universitaria. n RESPONSABILIDADE SOCIAL A UDC Saudable estivo a traballar e aprobou en 2024 o Plan de vida saudable e benestar: un compromi- so coa comunidade 2025-2030 que establece as liñas prioritarias en materia de saúde e benestar da co- munidade universitaria para ese período. Así, o plan dividiuse en 6 eixos, promoción do benestar biopsi- cosocial especialmente centrado na prevención das disfuncións da saúde mental; promoción da alimenta- ción saudable, sostible e solidaria; mulleres e saúde; rutinas, ocupacións e xestión do tempo; visibilización, concienciación e colaboración; e gobernanza e parti- cipación. Ademais, durante o ano 2024 asináronse cinco no- vos convenios (A Ciencia é Feminino, Autismo Galiza, LQDVI-Lo que de verdad importa, Asociación Co- ruñesa de Epilepsia a ASCM) e ofreceuse un amplo abano de conferencias, exposicións e infografías re- lacionadas con estas e outras temáticas, así como a participación en programas de radio e no boletín da UDC Saudable. A UDC Saudable consolidou a súa co- laboración coa plataforma One Health, e continuou a colaborar cos programas Green Campus, entre ou- tras oficinas, unidades e servizos UDC e coa Rede de Entidades UDC Saudable. Tamén se consolida a Es- cola de Alimentación UDC Saudable. O X Outubro UDC Saudable foi co-organizado e lide- rado pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e participaron a metade das facultades e escolas e das oficinas, unidades e servizos da UDC e 14 entidades da Rede de Entidades UDC Saudable cunha oferta de 70 eventos para a comunidade universitaria e a sociedade. Por último, entre o máis relevante, estívose a traballar coa Asociación Española contra o Cancro (AECC) e cun grupo de traballo constituído por representantes de toda a comunidade universitaria na normativa de Campus sen Fume, así como no ámbito nacional con- cretando nesta materia un Plan estratéxico universita- rio de ámbito nacional. O programa de atención psicolóxica á comunidade universitaria Afrontemos, dirixido a quen poida estar pasando por unha situación de crise psicolóxica, é un servizo gratuíto da UDC a que se pode acceder de xeito presencial ou en liña. Desde a súa posta en funcionamento a finais de 2020 atendeu 402 persoas da comunidade universitaria. Esta anualidade 2024 atendeu 107 persoas, das cales 45 foron atendidas de xeito presencial e 62 en modalidade en liña.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==