Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
—XXXVII— Introdución las das universidades de Santiago de Compostela e Vigo o 3, 11 e 12 de abril no Centro Ágora e no Fórum Metropolitano da cidade herculina. Entre outubro e xuño, e con carácter quincenal, o Club de Lectura de NORMAL desenvolveu a súa actividade guiada pola escritora Antía Yáñez. Dando continuidade ao acordo asinado coa Funda- ción María José Jove convocouse a IV Edición do Programa de Residencias Artísticas NORMAL-FMJJ. O obxectivo destas residencias, abertas a persoas de calquera nacionalidade ou procedencia xeográfica vinculadas ás artes visuais, é afondar nas relacións en- tre creación artística, pensamento crítico e participa- ción social. Recibíronse 200 solicitudes procedentes de todo o mundo. As persoas que acadaron a resi- dencia foron: Blanca Gracia, co proxecto “Yegua Noc- turna” e Fermín Jiménez co proxecto “Arder a auga”. Desenvolvéronse en Ferrol diversos rutas, que tiveron un grande éxito, celebrouse o Mes das Letras, con concerto de Chicharrón e recital da poetisa Rosalía Fernández Rial tanto en Ferrol como na Coruña (NOR- MAL). E como mostra de apoio como centro de inter- vención cultural, realizáronse diversas actividades en NORMAL como un ciclo de performance X de Corpos Presentes organizado por Sabela Mendoza, durante os meses de febreiro e marzo, unha conferencia de Javier Martín baixo o título “Oximórica. Ciencia, arte e performatividade”, colaborouse coa experiencia iti- nerante de creación visual en ambiente de transición e de paso de Videoarte en Movemento. n COMUNICACIÓN Neste exercicio acometemos unha profunda reorgani- zación dos recursos de comunicación da universidade co fin de dar maior visibilidade á divulgación científi- ca e cultural e ás iniciativas promovidas pola propia comunidade universitaria. Para iso, reestruturáronse equipos e metodoloxías de traballo, impulsáronse contidos audiovisuais en diversos formatos e se reno- varon mensaxes e canles dixitais para garantir un ache- gamento máis claro, atractivo e efectivo aos distintos públicos. Ademais, esta nova configuración facilitou unha maior participación e colaboración entre persoas investigadoras, estudantado e persoal de xestión. n NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) ten como misión principal potenciar o uso da lingua ga- lega entre a comunidade universitaria, logo de detec- tar os sectores, os ámbitos e as unidades dos servizos onde o seu emprego é menos frecuente. Igualmente, o SNL tenta contribuír á mellora da calidade da lingua galega e á súa homoxeneidade nos usos que se reali- zan desde a institución universitaria. Asesorar en materia lingüística e terminolóxica. A este respecto, ao longo de 2024, procesou case 4 000 pá- xinas, entre revisión e tradución, que procedían tanto de alumnado, como do PDI e do persoal de adminis- tración. O SNL convocou en 2024, o Curso de Actualización de Competencias Lingüísticas, a que asistiron 21 docentes e o Curso Superior de Competencias Lin- güística, con 22 asistentes do PDI. Ambos os cursos de 30 horas de duración desenvolvéronse en liña a través do Campus Virtual. O propósito destes cursos, de carácter voluntario, é procurar a competencia e as destrezas lingüísticas necesarias para lograr unha comunicación áxil nunha lingua galega de calidade. Xestionou actividades de dinamización lingüística. Neste 2024 desenvolveuse en Carballo o XVII Curso
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==