Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XXXVI — memoria 2024 Realizouse tamén un obradoiro de formación en comu- nicación científica e tecnolóxica impartido por Eduardo Sáenz de Cabezón, onde participaron 30 persoas. n CULTURA Durante o ano 2024, en NORMAL a mostra Ante a in- minencia do artista Rubén Santiago, comisariada por Susana González, estivo aberta ata o 19 de febreiro. A exposición explorou a relación entre a cidade da Coruña e a auga, destacando o seu impacto histórico e xeográfico. Un dos puntos centrais foi a obra que encapsulaba 150 litros de auga estancada en 10 000 viais de vidro, ofrecendo unha reflexión sobre o papel das institucións culturais como depósito de memoria e capital simbólico. Entre as actividades paralelas des- ta exposición, destaca o obradoiro de expurgación de moedas realizado coas persoas participantes do pro- grama de emprego Unha ventá ao porto medieval da Coruña , promovido polos Concellos da Coruña e de Culleredo e dirixido polo propio artista. Realizáronse dúas exposicións. A primeira Hic Sunt Leones: Aquí están os leóns , de Pablo Barreiro desen- volveuse dende o 10 de abril ao 10 de xullo. O pro- xecto explorou a historia do Parque do Pasatempo de Betanzos: na entrada do parque destacaban dous leóns esculpidos en mármore de Carrara, reprodu- cións dos orixinais de Antonio Canova para a basílica de San Pedro en Roma. Estes leóns simbolizaban as virtudes da fe e da vida eterna, e a súa desaparición nos anos 70 marcou un punto de inflexión na historia do lugar. A exposición serviu para reflexionar sobre o valor da copia e da arte como testemuño da memo- ria colectiva. Entre as actividades paralelas destácase unha visita guiada e unha charla coloquio sobre o sig- nificado artístico e cultural do Parque do Pasatempo. A segunda foi Fío do Norte , comisariada por Juan Luis Toboso en diálogo con Filipa Ramos, desenvol- veuse desde o 17 de outubro ata o 14 de febreiro de 2025. Esta exposición reuniu un grupo de artistas que traballaron arredor do territorio denominado noroes- te ibérico en todas as súas complexas formas de de- finición. Unha experiencia que naceu do interese por crear unha investigación especulativa sobre a lingua- xe do territorio, a súa sensorialidade, o animismo da paisaxe, as múltiples mitoloxías individuais e colecti- vas e a vontade de establecermos un diálogo con di- versas visións presentes dunha paisaxe ancorada no pasado que nos proxecta cara a un futuro ancestral. En paralelo á mostra desenvolvéronse actividades en diferentes formatos: concertos, dez visitas guiadas, coloquios etc. A exposición tivo unha ampla repercu- sión difundíndose a través de varios medios e canles de comunicación. Por primeira vez, desde a Área de Cultura puxéron- se en marcha diferentes convocatorias públicas co obxecto de seleccionar as persoas que impartirían os obradoiros culturais durante o curso académico 2024/25, buscando fomentar a formación e a expre- sión artística, tanto dentro como fóra da comunidade universitaria. Incluíron obradoiros cuadrimestrais de fotografía, música, escrita, danza, teatro e guión, en- tre outras disciplinas e introduciuse como novidade a convocatoria de obradoiros sobre temas de proposta libre, cunha duración de entre 5, 10 e 15 horas, ofre- cendo un espazo para a diversidade creativa. Foi un verdadeiro éxito de acollida, con preto de 150 solici- tudes de propostas presentadas, das que foron selec- cionadas 22, para realizar obradoiros no campus de Ferrol (Centro cultural universitario) como no da Co- ruña (NORMAL. Espazo de Intervención Cultural) par- ticipando neles persoas da comunidade universitaria como da cidadanía en xeral. Realizáronse producións de pezas teatrais e de danza das actividades de aula de Teatro e Danza que foron representadas no Festival de Teatro Universitario da Coruña (FITEU), que compartiron escenarios coas au-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==