Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XXXV — Introdución colaboración co Servicio de Coordinación Estratéxica e Innovación da Secretaría Xeral Técnica da Conselle- ría de Educación da Xunta de Galicia. No ano 2024 convocouse a III edición do Certame Cóntame a túa Investigación coa finalidade de promo- ver entre o noso alumnado as habilidades de comuni- cación e divulgación da ciencia. Trátase de realizar un audiovisual en formato de monólogo científico de tres a cinco minutos en que se conte de forma divulgativa, atractiva e divertida o contido da súa investigación (o traballo fin de grao, de máster ou a tese de doutora- mento). A UDCC colaborou na organización do festival de di- vulgación científica Pint of Science, que se celebrou nas cidades de Carballo, A Coruña e Ferrol os días 13, 14 e 15 de maio. E tamén se participou no Concurso #HiloTesis 2024, unha iniciativa de ámbito estatal da RedDivulga de Crue Universidades Españolas para promover o desenvolvemento de habilidades de co- municación e divulgación científica de futuros ou re- centes doutores. Co gallo do Día Internacional das Mulleres e as Ne- nas na Ciencia, organizouse a actividade Atrévete a pescudar con elas! que trata de fomentar a visibilida- de das contribucións ao coñecemento das mulleres no ámbito universitario e na ciencia en xeral, favore- cer un contexto social en que as mulleres se vexan capaces e recoñecidas para elixir o seu futuro sen condicionamentos e sensibilizar a sociedade sobre a necesidade de erradicar estereotipos que condi- cionan a elección de estudos das nenas, adolescen- tes e mulleres novas. Realizáronse dous audiovisuais con diferentes investigadoras, un dirixido a escolares de educación primaria e outro a educación secunda- ria, para dar a coñecer dun xeito sinxelo e próximo a súa traxectoria científica e vital, ademais dos seus logros profesionais, relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigado- ra e científica. Os vídeos están no canal da UDC en Youtube. O alumnado de diferentes centros educati- vos grávase preguntándolles o que queren ás nosas científicas, e entre as persoas que participaron sor- teouse unha visita aos centros tecnolóxicos do cam- pus de Ferrol, o CITENI, e aos do campus de Elviña: CICA, CITEEC e CITIC. Convocouse a VI edición dos premios ISABEL ZENDAL de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato coa finalidade de promover o pensamento crítico e a cultura científica. Realizouse a segunda tempada da iniciativa de Onda Ciencia, en colaboración con CUAC FM 103.4 a Radio Comunita- ria da Coruña. Trátase da realización de podcasts co obxectivo de comunicar e difundir a investigación da universidade con varias persoas expertas nun campo en formato de diálogo dirixido ao público en xeral con temáticas vivas no diálogo social actual (a visión das matemáticas, saúde mental, o discurso de odio nos medios, construción e urbanismo sustentable e o uso do galego na intelixencia artificial). Tamén se realizou a convocatoria Divulgando o noso, coa finalidade de colaborar co persoal investiga- dor para trasladar ao público contidos do seu labor de investigación a través do deseño de infografías científicas que se expuxeron na cidade herculina nas marquesiñas das paradas do autobús urbano. Con- cretamente realizáronse 5 infografías distintas: Nano- partículas para reconstruír a cartilaxe; Construción con cunhas de mexillón; A nosa historia escrita nos nosos xenes; Depuración con plantas en zonas húmidas; e, Intelixencia artificial, ameaza climática ou impulso ver- de?, expostas en 10 lugares distintos. Por cuarta vez, en colaboración coas outras univer- sidades públicas galegas, celebrouse o evento da Noite Europea das Persoas Investigadoras, GNIGHT, que se desenvolve de maneira simultánea en preto de 400 cidades europeas ofrecendo diversas actividades de divulgación científicas: charlas, obradoiros, visitas guiadas, pezas teatrais, etc.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==