Memoria 2024. Informe do Reitor ao claustro
— XXXIV — memoria 2024 No apartado das campañas, baixo o lema “Bro, meu neno....Que non te líen” no mes de novembro de- senvolveuse unha co obxectivo de sensibilizar e con- cienciar a comunidade universitaria ante o auxe da propagación de discursos antifeministas, misóxinos e negacionistas da violencia de xénero, que a xuventu- de (máis concretamente, rapaces e homes) consome acotío no conxunto de espazos virtuais que confor- man a machosfera. Por isto, a campaña xurdiu coa finalidade de rachar falsas crenzas e desmontar loias (ou fake news ) que están a ser difundidos por creado- res de contido a través das redes sociais. Publicouse, tamén, un novo número do noso xornal DESLÍGA-TE. Coma en anos anteriores, trátase dunha iniciativa onde se simula un xornal deportivo, coa intención de mostrar novas da nosa comunidade e dar información relacionada coa igualdade e as violencias de xénero. En 2024 convocouse a duodécima edición dos Pre- mios Ángeles Alvariño, aos Mellores Traballos Aca- démicos (TFG e TFM) con Perspectiva de Xénero, da cal resultaron premiados 10 traballos que destacaron pola súa calidade e orixinalidade, ademais da acerta- da metodoloxía empregada para incluír os aspectos de xénero en temáticas moi diferentes. Pola súa ban- da, no concurso María Balteira de Creacións Artísticas para a Prevención das Violencias Sexistasdo acoso e para dar publicidade ao protocolo de actuación ante situacións de acoso sexual, por razón de sexo, por orientación sexual e identidade ou expresión de xé- nero premiáronse dous cartaces e un vídeo, pola súa orixinalidade e calidade. A Oficina atendeu diferentes consultas relacionadas con situacións sexistas e/ou machistas e o protoco- lo de acoso, e ofreceu asesoramento tanto a centros como a persoas. En concreto, xestionáronse 10 solici- tudes de intervención relacionadas con casos de aco- so sexual ou por razón de sexo. Pola súa banda, o CEXEF levou a cabo diferentes proxectos, entre os que cómpre salientar a colabora- ción coa Universidade Nacional Autónoma de México co programa Diálogos entre Feminismos . A Unidade de Atención á Diversidade, de atención á diversidade, a través das súas unidades (a de aten- ción a persoas LGTBIQ+ e a de atención de persoas con necesidades de apoio específico), centrou o seu labor na sensibilización da comunidade universitaria, o asesoramento e a atención as queixas e denuncias realizadas dentro do ámbito que recolle o Protocolo contra o acoso e discriminación da UDC. Desde a unidade de atención a persoas LGTBIQ+ leváronse campañas para dar difusión ao devandito protocolo e aos dereitos das persoas do colectivo, e prestouse asesoramento ao conxunto da comunidade universitaria naquelas dúbidas relacionadas con este tema. No que atinxe á Unidade de Atención de Persoas con Necesidades de Apoio Específico, coma en anos an- teriores, seguíronse realizando adaptacións curricula- res personalizadas e asesorando en coordinación cos representantes de ADI nos centros de toda a comuni- dade universitaria. n DIVULGACIÓN CIENTÍFICA A Unidade de Divulgación Científica da UDC (UDCC), en colaboración co Servizo de Normalización Lingüís- tica (SNL) participa desde 2019 na edición en galego do calendario científico escolar do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). É un proxecto do Instituto de Ganadería de Montaña, un centro mixto do CSIC e a Universidad de León, cuxo obxectivo é contribuír a fomentar a cultura científica entre a xuven- tude e crear referentes que lle resulten próximos, así como promover as vocacións científico-técnicas, usan- do unha linguaxe non sexista, e aumentar a visibilida- de das mulleres científicas e tecnólogas. Na edición do ano 2024 realizáronse 1000 impresións nesta lingua e repartíronse polos centros educativos galegos en
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==